As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Peor o remedio
New Age
Ermo
"Chiquilladas" e rabos de pasa
Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

3/5/07

Sigo a cravar


Retomo a fasquía revolucionaria co gallo da seguinte nova publicada en "Polancópolis"




Seguindo o fío desta información, atopei un post que me encantou.


Pois si."O povo é quem máis ordena",Monchiño* e similares.




*Monchiño é unha traducción do enxebrizator 2.0 do Rei do Polo Fritido alias "Ramoncín".

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

ZP e o suor de Esperanza

Xa fica lonxíncuo o lema electoral de Zapatero Presidente, co que Blanco transformou a un ambicioso leonés, no superheroe das cellas arqueadas.

Acicatados por un eslogan tan pegadizo,os rapaces de TeleMadrid a'xuntaron as súas cabezas en singular brainstorming,para tras fumegantes sesións, parir está perla: "Espejo de lo que somos".Ata aquí todo ben,non si?

O problema é que neste país, afortunadamente, os límites entre o bo xornalismo e a mala hostia están realmente desfigurados.

Unha simple alteración silábica abondou para que ao talentoso responsábel de publicidade se lle viñese o mundo enriba.Voilá: "Espe jode lo que somos".




Que razón tiña Freud...A pulsión sexual pode traizoarte no momento máis inoportuno.

Cumpridamente informado da tesitura, o pasado día 29 ZP achégouse cortesmente á condesa do valado e advertiulle polo baixo: "Espe te voy a hacer sudar".A luva está no chan,recolleraa Esperanza?

Levará a ese hipotético encontro íntimo o casco da construcción,emulando aos Village People?

Abofé que a política pode facer estraños compañeiros de cama...

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

12/1/07

Help



Veño de ler opinións en Xataka sobre o enésimo fillo de Jobs e Cía:o i-phone.Xa que el o presentou coma o "gadget total", indirectamente acabará coas "incomodidades" da vida multimedia.


Vía porsilasmoscas

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

19/12/06

Estulticia(palabro que determina o parvo que podo chegar a ser)


Onte a miña "asnorancia" revelóuseme de novo con crudeza cando videaba Sexto Sentido e as Supernenas completaron o apelido de Esperanza Aguirre Gil(ata aquí chegaba o meu coñecemento)...de Biedma!!

Recapitulemos:Espe non só ten ascendencia no estranxeiro(Catalonia Land), se non que o seu tío, Jaime Gil de Biedma,amais dun dos máis celebrados poetas sociais dos cincuenta, era homosexual e flirteaba con correntes políticas de inspiración marxista.



Se non tivese dabondo co seu penoso itinerario cara o fin de mes, agora isto!Estan tolos estes poetas.

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

12/12/06

Ficamos "augusto"

Decenas de procesos xudiciais abertos,cancelación de contas multimillonarias,milleiros de mortos, para ao cabo;regalarnos o final máis tópico da historia...

Hoxe na "Coz" Pinto e Chinto publicaban unha viñeta na que satirizaban a incineración infernal do ditador andino.

Seguindo o ronsel, os "guiñoles" parodiábano emulando a Gila nunha reserva de suite diabólica...

Que queredes que vós diga, para min a xustiza divina é unha solución de mal pagador, algo así coma un "xa che devolverei mañá o que me emprestaches" elevado a niveis suprasensoriais.

Gago revelaba a xénese wi-fi de Xehová,mais debe suceder coma no ReinoUSC,onde a cobertura falla en máis dunha ocasión.

Veremos se cando Garzón cruce Estixia, a xustiza se globaliza de vez.

Agardar toca...

Etiquetas: , , , ,

---------------------------------------------

16/10/06

A canteira de Al Qaeda

O pasado mércores o FBI entrou no instituto Mc Clatchy de Sacramentoou(California), para someter a Julia Wilson a un interrogatorio...Bonito lid,pero...Quen é Julia Wilson?"Con toda certeza estaremos diante dun dos cerebros de Al Qaeda nos iuesei", pensaredes.Pois non.Trátase dunha rapaza de catorce anos de idade a quen os federais chamaron a capítulo por,supostamente,caricaturizar a Bush nun foro da Internet.

Meu deus!Que abominábel!Pónseme un nó na gorxa só de pensalo...Agora mesmo vou chamar aos servizos de Intelixencia de "Yankeelandia"(abstédevos do chiste gratuito), para informalos de que a rede terrorista ten unha publicación regular en España chamada el Jueves(vou escribirlles decontado por que seica sae os mércores).

Corre Forges,corre!

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

9/10/06

Tolemias diversas

O pasado mes de setembro suspendeuse na Deutsche Oper de Berlín a ópera Idomeneo de Mozart.Columnistas,editorilalistas e -istas varios lanzaron soflamas defendendo a liberdade de expresión.Foi na web,onde atopei a que para min é unha das reflexións máis atinadas sobre esta polémica.




Neste mundo de tolos, alomenos éste faime rir.

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

21/6/06

Ata sempre,Che


O Che, máis coñecido coma José Blanco Pazos, non se candidatará nas vindeiras eleccións municipais.

Negreira, e por extensión a comarca do Val de Barcala, perden moito máis ca un rexidor, xa que con el esvaécese unha estrela mediática que alumeou moi preto do "purguratorio".

Coma se dunha fermosa metáfora animista se tratase,o home que se sentou á destra de Fraga fixo pública a súa renuncia tan só un par de días antes do día de San Xoán,data no que o sol chega ao seu cénit para despois declinar.

A noite do venres prenderanse centos de cacharelas en toda a xeografía galega.A carón dunha delas, pedirei que o "blancopacismo" non remate sendo sombras e cinsa.

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

16/3/06

Me siento sucio,pero es por un buen motivo...

Sintoo Herr, non me puiden resistir a plaxia-lo teu fantástico post.

Cando a beleza sublimada do debuxo se torna carne...




Que "frikada" máis curriña,ou?

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

10/2/06

Blog de los comentarios a la última entrada del blog descatalogado de Antonio, un crononauta que viajaba con un chico llamado Santi

Isto que como titular espertaría tódalas fobias xornalísticas que agocha Morgan na súa cardiaca cabeciña, pareceume o mellor xeito de encabezar o meu novo post.

Andaba eu tan féliz nunha das miñas viaxes espacio-temporais, cando despois de moitííííííííííííííísimo tempo sen revisa-lo meu blogue, reparei nunha comunidade alternativa que se xestara ao abeiro deste.

Modestamente, nunca pensei que algo tan breve suscítase tal número de comentarios.Sempre sen ter en conta o conto do denosauro de Monterroso ( esta vai por ti Serxio, alá onde esteas).

Entre os "okupa-blogs" atópanse nomes coma o de Marcos Ferro alias "Il", Anxa alias "Ila consorte", Juan Kastro alias "Juan Castro Rodríguez", Silvia, Jessica ou Xerardo.

A todos, DESCULPAS.A todos menos a Antonio,claro.

Tan só diciros que non.Non morrín.

O día que isto suceda, formarase un novo clube de fans que adorarán un billete de cincuenta euros no que apareceu unha variante bañesa das caras de Bélmez.

Iker Jiménez,fíchame!

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

18/11/05

Monárquicos

Se isto non é arengar contra a monarquía, que baixe Peñafiel e o vexa.

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

Explorando

Non vós perdades este post.Non ten desperdicio.

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

Emulando a Alierta

No meu repaso matinal as miñas caóticas bandexas de correo,atopei un enlace (sináptico je,je) a un blogue moi prometedor:O sorriso do gato

Para ser Francos(féliz triséximo aniversario,camarada), admitirei que o autor do blogue é un...Como dicilo?...

Ummm...Amigo (evitarei disquisicións que non veñen ao caso).De tódolos xeitos, se este "weblog" non morre de éxito,acubillará posts do máis sesudos e interesantes.E para quen o dubide, o tempo darame a razón...

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

4/10/05

Eclipses

Onte puidemos observar un fenómeno que non se daba dende a España do "bourbón" Carlos III:



un eclipse de sol anular.

Neste tempo de abundancia informativa, derivada en demasiadas ocasións en saturación informativa, webs, noticieiros, blogues e xornais desviaron a súa atención cara o epicentro informativo da última quincena: G. E. 2005...Para os profanos Gran Ecplise 2005.

Certamente o "baile cósmico"-que diría un friqui-foi digno de ver, malia os comentarios desencantados duns rapaces sentados preto dun servidor:"Pues no es para tanto". Claro, se non o deseña Kojima, a cousa perde.

Repasando infografías, reportaxes e analises varias cheguei a conclusión de que un eclipse non é outra cousa ca unha ilusión óptica, un erro na nosa percepción.

Ata coincidía coa comunidade de astrónomos, mais cando oín que o período Saros tiña unha duración nunca inferior aos dezaoito anos...

E vero...

Recapitulando, lembrei a asañadas acusacións que políticos e a súa cohorte de adláteres se adicaron co gallo da reforma do estatuto catalán.

Exactamente igual ca en séculos pasados o satélite catalán, 400 veces inferior á fulgurante nación española, proxectaba a escuridade sobor dos aterrorizados viláns.

Tan só unha salvidade:

Nesta ocasión o umbral non o provocaba un corpo celeste inoportuno, senón dúas simples palabras, nación catalana.

Tirando do fío das supersiticións cataclisticas que o longo da historia se alimentaron dos ecplises, os hindúes reducían o ecplise a unha cuestión de morosidade: Dahnko(figura comparábel co diaño) secuestraba ao Sol por non salda-las súas débedas.

Tal que un problema de olor corporal, o símil político, vese vir dende lonxe: os advenedizos Carod e Maragall reclaman co novo estatut a débeda que Zapatero contraeu na súa investidura. coma presidente do goberno.

Esa é cando menos, a versión dos que ficaron "mirando cara el sol"."¡Niño, ponte las gafas homologadas!"

Desprotexidos das lentes Zeiss do sentido común, sufriron importantes danos nas súas fóveas-que tamén fobias-, cando escoitaron aquel exconxuro que fería de morte á sacrosanta Constitución Española-trade mark-.

Por que como todo cidadán de ben sabe, a carta magna contempla únicamente os conceptos de nacionalidade e rexión.

Certo é que o estatut incorpora expresións tan sospesitosas como a de "libre solidaridade". E digo sospeitosa, posto que dende a miña perspectiva, o aspecto capital do noso modelo de convivencia non é outro ca o do auxilio interterritorial e o esforzo volitivo que iso supón.

Alén de expresións incorrectas, ou por veces díscolas,sexamos sensatos:Non estamos a falar do Black and White. As palabras non matan.

Xa vexo a García de la Concha incluíndo no esplendoroso diccionario da RAE unha esquela semellante á que segue:

"As palabras poden producir manía persecutoria.Administren a semántica en pequenas doses".

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

24/5/05

Barbeito Imperial

Escribo este post para dar cumprida resposta ao requerimento

Certo é, amigo licenciado que este blogue aseméllase progresivamente a un eiral (poida que de aí o seu nome :P), mais porén o seu barbeito ven de rematar.É posíbel tamén que dende o cuadrante capitalino do Imperio non resulte doado apreciar a ferltilidade dos sectores periféricos(non sería a primeira vez).Non obstante... I´m back again.

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

22/4/05

Féliz apostasía

Voume permitir, nesta tarde de venres, polemizar co meu compañeiro, amigo e coetáneo: Uz.

Cóntovos: Uz, a parte de lusista e gitan,o é un apostata frustrado (un fermoso pareado!) e esas pulsións anticlericais súas levárono a escribir o interesante post Habetis Papam.

Amigo Uz, direiche que me adhiro case en absoluto a esta entrada no teu blogue, mais has de ter presente que este Papá tamén é o teu, mal que che pese. Por que...Acaso sínteste moi identificado con Joan Carles o Bombóm? A que non?

Porén, iso non che che exime do título II da Constitución Española. Nin tampouco é óbice para que che dean arcadas, cando aparece na TVE cada 24 de Decembro pronunciando aquelo de "Rei de tódolos españois".

Naquel intre, escoitando aquelas verbas, experimento unha perfecta sincronía co monarca:

Namentres el fala, eu devolvo as gambas de Noiteboa que instantes atrás ollarán para min con aquela mirada desapaixoada. Mirada desapaixoada que supoño manterían no seu transo polo meu calleiro abaixo. Belo a que si? Poesía Pura que diría J.R.

En fin, amigo Herr que ata que a túa apostasía triunfe: Habemus Papam.


Beeeeeeeeeeeee!!!!!!!!!!!!

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

29/3/05

Miguel Ángel

Non sei moi ben por que ( se cadra un déjà vu deses), hoxe veume á cabeza a película de Carol Reed 'El tormento y el éxtasis'.

Nela, Chalrton Heston métese na pel do xenial Michelangelo Buonarroti (Miguel Ángel in spanish). O artista italiano elevou a arte renacentista ata cumios insospeitados, mais non puido evitar que puritanismo do seu tempo lle impedise expresar abertamente a súa tendencia sexual.

O certo é que malia ao que algúns poidan pensar a miña admiración por Michelangelo non excede a súa faceta artística...




Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

17/3/05

Hello Vilas Nogueira

Ás veces, poida que con demasiada frecuencia, o ser humano concibe a súa vida coma o estadio olímpico de Munich, Seul, México...e.t.c. :

O corredor sabe que ese silencio asoballador que lle está a rozar a caluga, non é máis ca o preludio ao draconiano xuízo do respetábel (a saber por que lle chaman respetábel ao responsábel desas sentecias maniqueas).

A marxe de comulgar ou non con tal situación, o auténtico problema radica en que este sistema aínda presenta disfuncións, pois os paritorios aínda non asimilaron á perfección a mecánica taylorista de producción de Nadias Comaneci e obstínanse en traer ao mundo demasiados Erics Moussanbanis.

Un deses nadadores que non tardaron en comprender que o que para uns tan só eran cincuenta metros de piscina, para outros esa mesma distancia equivale ao estreito do Helesponto. E velaí a grandeza do deporte.

Pero...Que sucedería se non estivesemos a falar dun xogo? Que pasa cando as palabras do Barón de Coubertin de que o importante non é gañar, senón participar, non fose máis que unha declaración de propósitos do 1908? Pois ao meu entender,a que fora grandeza do deporte, trocaría nunha das meirandes miserias do xénero humano.

Que pobre bagaxe nos deixaron os sofistas, cínicos, positivistas,existencialistas e demais pensadores se aínda hoxe a nosa mente se artella somentes en dúas dimensións: - e +. Tamén é certo que se uns atoparon o éxito en Montreal, outros buscarano nun Mercedes Benz, nun loft con vistas, ou nun doutorando cum laude...Que máis ten? O caso é ter un bonito oropel que ensinarlle a uns netos embargados pola emoción suscitada polo esplendoroso pasado do seu avó made in Wherter´s Orixinal.

Supoño coa fodida resignación de sempre, que a gloria sempre precisará do seu cruel correlato.En todo, caso procurarei non achegarme de máis ao Lado Escuro, non vaia a ser o demo...

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

11/3/05

Reflexiós en voz alta

Pois non.' Terras Baldías` non é un conxunto de palabras estrañas e sen sentido que ao estaren unhas ao carón das outras producen un bonito sonido...Ou si?...

En fin, o principal é que a poesía é para min un medio, non un fin en si mesma.Un medio para poder dicir o que non podo, non quero, ou non sei dicir doutro xeito.Poida que este sexa o sentido real dos meus poemas. Non o sei.

Do que teño absoluta certeza, é de que para chegar a comprender o significado de cada un deles, teríades que entrar na miña cabeza. E fancamente, se non queredes rematar coma Jennifer López en 'La Celda'.Non volo recomendo.

Dicía Freud que o sentido do humor era a un tempo unha pulsión de liberación e de represión, xa que se ti empregas o humor para expresar algo, estás abríndolle a porta ás túas gañas de comunicar, pero por outra banda, se te vales do código humorístico problablemente sexa por que se o fixeses doutro xeito, silenciaríante ou autosilenciaríaste directamente (Ex: Revistas coma el Jueves, Hermano Lobo ou el Papus).Se cadra este é o quid da cuestión.

E que carallo:Os pedantes somos así.

Etiquetas: , , ,

---------------------------------------------

3/3/05

Dereito de Réplica

Comentou nunha ocasión Alfredo Urdaci-infravalorado adalid da comunicación-, que a súa flamante obra Días de Ruido y Furia se ía chamar, nun primer momento, Derecho de Réplica.

Eu tamén me amparo neste dereito, para dicir na miña defensa, que isto non só é unha abominación digna de Campoamor. Amais de versos infames, esta composición encerra unha mensaxe cifrada para a Paule de Viguier do século XXI.Vai por ti.



(Que me perdoen os estómagos sensibles).

Etiquetas: ,

---------------------------------------------