As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Peor o remedio
New Age
Ermo
"Chiquilladas" e rabos de pasa
Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

19/12/06

Estulticia(palabro que determina o parvo que podo chegar a ser)


Onte a miña "asnorancia" revelóuseme de novo con crudeza cando videaba Sexto Sentido e as Supernenas completaron o apelido de Esperanza Aguirre Gil(ata aquí chegaba o meu coñecemento)...de Biedma!!

Recapitulemos:Espe non só ten ascendencia no estranxeiro(Catalonia Land), se non que o seu tío, Jaime Gil de Biedma,amais dun dos máis celebrados poetas sociais dos cincuenta, era homosexual e flirteaba con correntes políticas de inspiración marxista.



Se non tivese dabondo co seu penoso itinerario cara o fin de mes, agora isto!Estan tolos estes poetas.

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

13/12/06

Habemus Kamarada

Durante o meu paseo blogueiro matutino,reparei en que Gago anunciaba a volta de Juan Castro(alias Kastro,alias Ákaro,alias Chexire,alias Cronistadeoz...) ao territorio blog.Sempre é unha boa nova que a ventá aberta da Rede deixe paso á creativide e ao temperamento inquisitivo.

De certo que os que o seguimos na súa primeira internada no blogomillo, sabiamos que non tardaría moito en morder novamente o anzol da triple uvedobre(se é que se ceibou del nalgún momento).

Por que é un motivo de ledicia o seu retorno?Moi sinxelo,como di o spot conmemorativo dos cincuenta anos de TVE,retornas a todo aquelo que che marca.E dende logo a este amiense-parisino(a orde dos factores pode altera-lo produto),pódelo tratar con indiferencia,mais é difícil que che deixe indiferente.

Sempre dende unha visión periférica,deséxoche moita sorte nesta nova andaina, kamarada.

P.S.:Espero que non esquenzas as túas habelencias felinas,Chexire.

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

12/12/06

Ficamos "augusto"

Decenas de procesos xudiciais abertos,cancelación de contas multimillonarias,milleiros de mortos, para ao cabo;regalarnos o final máis tópico da historia...

Hoxe na "Coz" Pinto e Chinto publicaban unha viñeta na que satirizaban a incineración infernal do ditador andino.

Seguindo o ronsel, os "guiñoles" parodiábano emulando a Gila nunha reserva de suite diabólica...

Que queredes que vós diga, para min a xustiza divina é unha solución de mal pagador, algo así coma un "xa che devolverei mañá o que me emprestaches" elevado a niveis suprasensoriais.

Gago revelaba a xénese wi-fi de Xehová,mais debe suceder coma no ReinoUSC,onde a cobertura falla en máis dunha ocasión.

Veremos se cando Garzón cruce Estixia, a xustiza se globaliza de vez.

Agardar toca...

Etiquetas: , , , ,

---------------------------------------------