As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Peor o remedio
New Age
Ermo
"Chiquilladas" e rabos de pasa
Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

30/11/07

Sugar Blu-Ray


Levo uns días postrado na cama(máis dun reemplazará o participio por "estomballado" :P) por mor dun virus.Parafrasearei a San Agostiño dicindo aquelo de "bendita a cabeza que che doe,pois lémbrache que a tes enriba do pescozo".

Ao que ía:Xa tiña "mono" geek e pasei por Elotrolado.net,onde atopei un interesante post sobre un lector-gravador híbrido Blu-Ray/HD-DVD.

Despois de rematalo,lembrei unha conversa de cando a PS3 só era un ambicioso proxecto e un amigo confiábame que,na súa opinión, a guerra dos formatos non ía ser tal e ámbolos dous estaban condenados "a entenderse".

Á luz desta nova,semella que a súa profecía (el imítalle abondo a Damien); está a confirmarse.

Realmente alguén pensou que nun enfrotamento na que se baten dous dos meirandes púxiles da tecnoloxía: Microsoft coma coach do HD-DVD e Sony no recuncho do Blu-Ray(amais de importantes produtoras e distribuidoras audiovisuais),habería unha vitoria por K.O.?

Demasiados intereses en xogo nesta nova nova Guerra Fría do almacenamento óptico.

PS: "Lo guardaré en el cajón de los fracasos,junto con mi vídeo Beta".Gonzalo de Castro en Siete Vidas.

---------------------------------------------

19/11/07

Idea-loxías de bar

Sentado co binomio caña-tapa de rigor,quedo pampo mirando o canal MTV(cando menos non bebo refrescos light,Moe).



"Oes Juan,xa sei por que o socialismo está cuestionado".

"Por que?".

"Pois,por que parte do principio de que todos somos iguais.Creme,se esa muller máis eu somos iguais;eu perdinme polo camiño...".

Chocolataaaaa...Se queredes ler algo serio sobre a crise da esquerda europea.

---------------------------------------------

Chove en Santiago

Xa botaba en falta as pozas do Obradoiro...E aproveitando a conxuntura, postearei sobre mollado.

Hoxe pola mañanciña,lía o "artigo portugués" de Méndez Ferrín, no que viña a dicir
que se criticaba a Chávez por "esnobismo".

Xa se sabe que estamos en "terra de lobos" e se hai que ouvear en si bemol, pois ouvéase e punto.

Ora ben, hai alguén que cre, patriotismos de medio pelo aparte,que eses son comportamentos dignos de dous xefes de estado ou tan sequera de dous homes que se vistan polos pés?

Deploro a "campechanía"(estou a investigar se este termo existía antes do 75) do Rei Borbón,por que creo que esa é unha bagaxe moi pobre para a cabeza visíbel da diplomacia española(salvando a "Moratóns").

Outra das concesións populares, é a súa intervención no malogrado golpe do 23-F(aínda que isto daría para unha longa conversa e senón que llo pregunten a un teixugo que chegou a facer chanzas acerca do "Elefante Branco").Supoñendo que isto fose incontestábel e que a súa salvífica persoa evitase que a nación "pre Naranjito",situada ao carón do abismo, dése un paso á fronte;é esta unha premisa válida para concederlle un cheque en branco a perpetuidade(ou ata que morra.O que suceda primeiro)?

Creo que se comete o erro de personificar unha forma de estado,polo que as críticas a unha institución,confúndense con ataques a un individuo.

Non me esquezo de Chávez que tamén sabe gañarse o favor das masas cun discurso tan fervoroso, que en máis dunha ocasión pensei que botaba por fóra.Valla de exemplo a súa ponencia no pasado cumio da Opep.

O adaíl bolivariano tentou, cando Freddy Mercury gorxeaba en Barna,dicirlle Good Bye,presidente a Carlos Andrés Pérez, pero fracasou nas súas prácticas de fogueo.


Resulta que agora Aznar é un golpista e un fascista...

Poida que Aznar sexa un fillo da Gran Bretaña(perdón para tódalas bretonas que exercen tan ancestral oficio),pero é o noso fillo de puta.

O pucelano abandonou o seu escano(democrático) tras oitos anos e non procurou unha reforma constitucional que lle permitise detenta-lo poder per secula...

E como dixo ZP:Non serei eu quen o defenda,pero...Sentidiño.

---------------------------------------------

15/11/07

Para unha vez que non le un discurso...

Tanto rebumbio coa preguntiña de marras é vai resultar que ao fin levábase moito tempo dicindo esa frase na casa dos "Borbóns de chocolate"... Oute dixit.







Canta hostilidade destila a foto...

---------------------------------------------