As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Peor o remedio
New Age
Ermo
"Chiquilladas" e rabos de pasa
Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

22/4/05

Féliz apostasía

Voume permitir, nesta tarde de venres, polemizar co meu compañeiro, amigo e coetáneo: Uz.

Cóntovos: Uz, a parte de lusista e gitan,o é un apostata frustrado (un fermoso pareado!) e esas pulsións anticlericais súas levárono a escribir o interesante post Habetis Papam.

Amigo Uz, direiche que me adhiro case en absoluto a esta entrada no teu blogue, mais has de ter presente que este Papá tamén é o teu, mal que che pese. Por que...Acaso sínteste moi identificado con Joan Carles o Bombóm? A que non?

Porén, iso non che che exime do título II da Constitución Española. Nin tampouco é óbice para que che dean arcadas, cando aparece na TVE cada 24 de Decembro pronunciando aquelo de "Rei de tódolos españois".

Naquel intre, escoitando aquelas verbas, experimento unha perfecta sincronía co monarca:

Namentres el fala, eu devolvo as gambas de Noiteboa que instantes atrás ollarán para min con aquela mirada desapaixoada. Mirada desapaixoada que supoño manterían no seu transo polo meu calleiro abaixo. Belo a que si? Poesía Pura que diría J.R.

En fin, amigo Herr que ata que a túa apostasía triunfe: Habemus Papam.


Beeeeeeeeeeeee!!!!!!!!!!!!

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

Vivan os posts insustanciais

Veño de visitar o noso (en fin, noso en sentido maxestático) blogue de xornalismo eletrónico:


Cóxegas é un deses blogues pantasma (déalle lembranzas, Mr. King) que pasa por ser un deses xoguetes gastados acugulados no hiperespazo...Vaia, que bo título para unha canción de Alejo Estivel.

Supoño que a selección natural tamén se impón no territorio das 3 w´s...Agora ese cemiterio de esqueletes de html, faime lembrar, nada máis. Morto o can, morta a rabia?

Poida que Cóxegas, As Terras Baldías e mais eu compartamos un mesmo destino e que algún día ao final do camiño fagamos unha xuntanza para conversar sobre as liñas do horizonte que fomos deixando sucesivamente ás nosas costas.

Mais como dicía o partener de Russell Crowe en Gladiator: "Aún no..."

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

20/4/05

Apocalípticos

Comezarei expresando os sentimentos que me suscitou ver esta foto nos xornais onte á tardiña:




MERDA!

17:50 horas do 19 de abril de 2005. Estado Vaticano.Fumata bianca.O protodiácono chileno Jorge María Estévez repite ceremonialmente a fórmula que dará a coñecer ao mundo o nome do novo Pontífice da Igrexa Católica: Annuntio vobis gaudium habemus Papam, o que, traducido ao cristián (ups!) significa apróximadamente: "Anúnciolles cun grande gozo que temos Papá". Ratzinger, novo sucesor de Pedro, pasará á Historia coma Bieito XVI.

Rematou a incertidume. Ou non? Creo que único que rematou foi o interregno vaticano.

No meu caso, a incertidume non fixo máis que empezar :

Quen é o home que se agocha detrás de alias coma o Panzer do Vaticano ou o Cancerbeiro da Fe? Un aperturista?Pues va a ser que no...(esnobismo rexistrado).

Non sei moito do novo Papa, a penas algunha das semblanzas que os xornais fan sobre a súa persoa.

A partires de aí hipóteses, conxeturas e pouco máis.

Amais disto, o feito de que se repitan apelativos coma ultraortodoxo, involucionista, tradicionalista ou continuista, desacóugamne.

E esta preocupación vai in crescendo cando oio palabras de eloxio por boca de personaxes coma Bush ou Javier Echeverría, máximo responsábel da Prelatura do Opus Dei.Ah!...Agora que me lembro aínda non lin a columna de Jiménez Losantos. En fin, "corramos un estúpido velo".

De tódolos xeitos, non creo que a opinión do xornalista turolense (vaia, se Teruel existe!), se atope en franca sintonía coa dos chamados Teólogos da Liberación (besta negra de Ratzinger), máis proclives a pensar na humanidade que no dogma.

A Igrexa falou. É a quenda da xente.E de entre tódalas opinóns sobre este pontificado que bota a andar, atopei unha ben pintorésca: Un rapaz comentaba nun programa radiofónico mediante conexión telefónica, que segundo unha profecía este sería un mandato de transición ao que lle sucedería outro encabezado por un Pontífice de cor (de cor negra, para ser máis preciso).Se isto sucede así, significará que se aproxima o Armagedón -Apocalipse 16:14,16-.

Eu non é que sexa moi fervoroso, pero...E se leva razón? E se Aznar non pode rematar a súa estadía en Georgetown?, E se non sobrevivo a Fraga? E se non podo mercar un minipiso de 30 m cadrados? E se non podo coñecer o desenlace de "Motivos Personales"?

Diante desta procelosa perspetiva moral (que estoy acojonado, vamos), a vivir que son dous días.

Planning:

Día 1ª: Aprofundar no concepto de "amor libre"
Día 2ª: Seguir aprofundando ata as 23h 59min, momento no que manisfetarei o meu máis fondo arrepentimento por unha vida consagrada ao vicio nas súas múltiples expresións.

YOU WIN.


INSERT COIN.



Etiquetas:

---------------------------------------------

18/4/05

A ditadura do relativismo

Semella que hoxe os meus pensamentos se cruzasen cos do cardeal alemán Joseph Ratzinger.

Namentres que o diácono criticaba o que deu en chamar a "ditadura do relativismo" por que segundo el, "no reconoce nada como definitivo y que deja solo al propio yo con sus deseos" eu , a miles de quilómetros do Vaticano; defendía ardentemente esta filosofía de vida. E defendíaa e deféndoa, sendo plenamente consciente (ou cando menos tentandoo...) de tódalas aspirinas que esta decisión implica.

Este xeito de estar no mundo (ao fin e ao cabo non é máis ca iso), trae a miña memoria eses edificios xaponeses que se manteñen ergueitos a pesares de verse sacudidos por terremotos apocalípticos. E por que?Pola flexibilidade (que non inconsistencia) dos seus alicerces. E mentres el devalaba tremelicante, o seu benposto irmán, víase reducido a unha mole ruinosa de formigón. Ironías da vida.

O flutuante desta óptica, derivou en que hoxe teña que valerme do diccionario da RAE, institución da que nunca fun devoto, para ilustrar axeitadamente as miñas ideas. Xa que logo, velaí vai unha ración de academicismo intertextual:

Axioma.(Del lat. axiōma, y este del gr. ἀξίωμα).1. m. Proposición tan clara y evidente que se admite sin necesidad de demostración.

(puntualizo que este tipo de proposicións son escasas na miña vida. Esta circunstancia priva do benestar das posicións máis inamobibles, pero alomenos tamén me arreda do dogmatismo).

Consideraba a Igrexa que cando no Concilio Vaticano I (espero que non me falle a memoria...) se establecía formalmente as bases do dogma, estaba a seguir o camiño recto ou o que é o mesmo, o camiño acertado. Eu non sei se o camiño recto é o máis recomendábel, pero o meu camiño ten máis curvas que a vella autoestrada de Muros.

Pode, en efecto, que este relativismo meu sexa ditatorial e se cadra o prezo dese totalitarismo sexa unha esixencia inxusta aos demais que me leve a esquencer con demasiada frecuencia as connotacións da palabra:

Empatía. f. Identificación mental y afectiva de un sujeto con el estado de ánimo de otro.

Non obstante, este concepto nunca deixará de preocuparme. Seguirei pescudandoo ollando directamente á cara, que segundo din é o espello da alma (para a miña desgraza).

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

6/4/05

Cuestións Pías

Un día máis, coma tantos outros, seguín canónicamente (permítome tal licencia considerando os tempos píos que estamos a vivir) o ritual cotiá baseado nas seguintes pautas: abre os ollos (non implica violación do copyright), odia ao inoportuno despertador sóbor de tódalas cousas, para acto seguido; serenarte lembrando a premisa vital a que todo vago que se precie de selo debe consagra-la súa vida: "Se te ergues cedo, pasarás máis tempo sen facer nada".

Unha vez rematei de prepararme para presentarme diante dos ollos do mundo exterior, tomei camiño da facultade, onde tras conectarme a Internet, descubrín tres titulares que atraeron poderosamente a miña atención.

A saber : Rainiero de Mónaco pasou a mellor vida, Ana Botella considera que a fundación FAES, ten dereito a emitir "un video "divulgativo" con "el relato ordenado" de lo que sucedió en España entre el 11 y el 14 de marzo" ...

Ufff... Teño que recuperar os folgos para enunciar a non menos importante nova de que Rouco Varela entra na terna de papables, segundo reputados vaticanistas."Yo tengo un gozo en el alma..."

Durante este fulgurante repaso informativo, non puiden deixar de pensar en que os rexentes de dous dos tres estados confesionais do planeta, están ás portas do Xuízo Final. Neste careo co Pantócrator Juan Pablo II, parte, pese a ser un involucionista, con obvia vantaxe. Pola contra, o príncipe monegasco térao un chisco máis difícil, no caso de que teña que rendir contas polas disolutas vidas dos seus vástagos...En fin, cando menos agardo que dunha vez por todas, Request in Pace.

Arrebatada por este interludio de artificios mediáticos, Ana Botella, saiu a palestra para romper unha lanza en favor do célebre-que non celebrado-, vídeo das FAES. Xa se sabe, detrás de todo gran home, atoparemos unha gran muller. Aínda que tendo en conta a talla-moral- de Aznar, non sei eu se lle sería aplicábel...

E pechando a tríada: Rouco Varela. Cando os Teólogos da Liberación se esperanzaban ao pensar que un dos papables latinoamericanos podía abrir unha etapa aperturista dende o Trono de Pedro...Zas!...Rouco Varela pode culminar unha "brillante" e lonxeva (máis de 47 anos) carreira eclesial, lucindo o anel do Pescador.

En fin, só dicir que sinto envexa destas tres personaxes, xa que as súas sólidas conviccións afórranlle moito Prozac á hora de durmir...

Etiquetas: , , ,

---------------------------------------------

5/4/05

Especies raras

Ocorre, que non hai moito discutía sobre o concepto da crítica construtiva (veñen sendo ese tipo de disquisicións filosóficas que a xente normal adoita aparcar unha vez remata o botellón).

Eu non chegaba a comprender como as palabras crítica constructiva podían ser algo máis ca un deses eufemismos con papel de regalo e que agochan no seu interior unha bomba perfectamente disposta para estourarlle a un nos fuciños...

Viría sendo algo como dicir: "Ahora no lo entiendes, pero lo hago por tu bien", cando a súa intención última sería "¿No lo entiendes?= date por jodido".Concluía logo, que toda crítica; por definición, non pode ser máis ca destrutiva.

É unha mágoa que me decatase de que nesta, coma noutras tantas cuestións da vida dos galegos, esta sorte de dilemas morais redúcense á máxima expresión do cartesianismo nihilista: DEPENDE...

Certamente, toda crítica implica unha destrucción, o que non exclúe que moitas delas se lancen cun pretendido desexo de reconstrucción.

Estes avisos a navegantes proveñen, nos máis dos casos, desas especies raras que non buscan o halago fácil ou a complacencia e que cando é preciso, cambian a palmadiña nas costas, polo non tan agradecido: "Que carallo estás a facer, rapaz?".

E en efecto,o rapaz non sabe que os seus pasos o encamiñan directamente ao abismo pero xusto nese intre, lémbranlle que o seu pequeno universo é meirande do que lle deixaban ver as súas convencións.

Velaí ese grande invento: O multiperpespectivismo.

Poida que Hubble tivese razón e o Universo estea a medrar constantemente. Non estou certo.Pero algo me di,que mentres se expande cada vez máis, o rapaz contará coa axuda desas especies raras das que cuestionará as formas, non así o fondo.

Etiquetas: ,

---------------------------------------------