As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Peor o remedio
New Age
Ermo
"Chiquilladas" e rabos de pasa
Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

13/10/05

O rift galego

"De nuevo en la brecha, amigos míos, (...) En la paz nada conviene más a un hombre que la serena modestia y la humildad, pero si el estallido de la guerra suena en los oídos, entonces hay que imitar la conducta del tigre". Enrique V.



Andaba a voltas co apagón analóxico, previsto para o 2008,coa TDT, coa nova xeración de liñas ADSL, cando de socato espertei e a liña TRAC (Tecnoloxía Rural de Acceso Celular) seguía alí...

Resulta imposíbel pensar nos prometedores avances nas TIC, sen que simultáneamente tomen corpo esas dúas palabras tan temidas: Fenda Dixital.

Felizmente, eu vivo no rift dixital, radicado nunha Galicia máis fisterrá ca nunca.Son da Galicia rural.Da Baña, para máis datos.

Nestes días non podo apartar da miña cabeza o agravio comparativo que supón que dous concellos limitrofes e por extensión tamén rurais, dispoñan dun acceso á Rede de calidade.Sen ir máis lonxe, os meus veciños nicrarienses, desfrutarán no vindeiro 2006 de conexión vía fibra óptica e os brioneses xa desfrutan na actualidade de wireless.

Alén do chauvinismo local, puiden saber que o 31 de Nadal do ano pasado, Telefónica España estaba cominada pola Lei de Servizos de da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI), a substituír o sesenta por cento destas liñas.

Se o meu reloxo non me engana, estou a máis de medio ano vista desa data, logo podo celebrar que me atopo entre ese corenta por cento de clientes VIP.

Cando vences o escepticismo previo de chamar ao servizo de atención ao cliente,descobres que a resposta que che ofrecen á pregunta de por que aínda non trocaron a túa liña, aseméllase demasiado a: "O gasto que a nova infraestrutura suporía non é asumíbel pola compañía".

Ben distinta é a versión cando un dos responsábeis da corporación presidida por Alierta, é inquerido por un xornalista, posto que se escudan na coartada de que a iniciativa de cambia-la liña debe nacer do usuario.

Mexan por un...

Retomando o aspecto puramente económico, se o gasto é "inasumíbel"..Que foi dos 479 millóns de euros procedentes dos fondos europeos FEDER, para a cobertura das zonas rurais.

Esta situación, non é por desgraza un feito illado, senón que procede dunha complexa maraña de queixas e reclamacións.

Que o número de denuncias diante dos organismos de defensa do consumidor medrase en Galicia nun cincuenta por cento no que vai de ano, confirma que as empresas se preocupan demasiado dos beneficios, en detrimento da calidade dos servizos.

En fin, aproveitando Xekspir aínda seguirá a removerse na súa tumba, rematarei dicindo que "algo cheira a podre".

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

11/10/05

Potexer e servir

Louisiana e máis concretamente Nova Orleáns seguen protagonizando portadas:





Onte, dous policías golpeaban brutalmente a un sexaxenario, xa que, segundo a versión dos axentes, estaba a provocar incidentes por mor dunha intoxicación etílica(traducido coa axuda do diccionario de bañés urxente: "por andar enchoupadiño coma unha brota").

A polémica foi medrando cando Robert Davis, o agredido, declarou que levaba máis dun cuarto de século sen probar gota de alcool...

Sen "mamado" de por medio, claro está que a coartada policial perde consistencia.

Outro dato a valorar sería o de que a vítima é un negro, non así os agresores.

Poida que noutro contexto esta noticia non suscitase suspicacias raciais, máis nunha cidade na que o 68% da poboación pertence a esta raza e na que aínda fumean as acusacións de deixadez racial na catástrofe do Katrina.

O escepticismo e a desconfianza fan a súa aparación en forma de titular.

Para pulsar a opnión dos internautas sobre esta espiñenta situación, o portal de noticias IBLNews ven de publicar unha enquisa na que máis dun noventa e oito por cento dos participantes secundaban a tese de que os corpos de seguridade estatais abusan da súa autoridade.
Alén da validez empírica desta mostra, resulta preocupante que as que se deron en chamar "forzas do orde" gocen de tan baixa popularidade.

Este suceso, que actúa de caixa de resonancia despois do acontecido na localidade de Roquetas de Mar, debería invitar a reflexión a quen lle atinxa de por que a xente ten unha percepción tan negativa dos homes e mulleres supostamente encargados da súa protección.

Etiquetas:

---------------------------------------------

4/10/05

Eclipses

Onte puidemos observar un fenómeno que non se daba dende a España do "bourbón" Carlos III:



un eclipse de sol anular.

Neste tempo de abundancia informativa, derivada en demasiadas ocasións en saturación informativa, webs, noticieiros, blogues e xornais desviaron a súa atención cara o epicentro informativo da última quincena: G. E. 2005...Para os profanos Gran Ecplise 2005.

Certamente o "baile cósmico"-que diría un friqui-foi digno de ver, malia os comentarios desencantados duns rapaces sentados preto dun servidor:"Pues no es para tanto". Claro, se non o deseña Kojima, a cousa perde.

Repasando infografías, reportaxes e analises varias cheguei a conclusión de que un eclipse non é outra cousa ca unha ilusión óptica, un erro na nosa percepción.

Ata coincidía coa comunidade de astrónomos, mais cando oín que o período Saros tiña unha duración nunca inferior aos dezaoito anos...

E vero...

Recapitulando, lembrei a asañadas acusacións que políticos e a súa cohorte de adláteres se adicaron co gallo da reforma do estatuto catalán.

Exactamente igual ca en séculos pasados o satélite catalán, 400 veces inferior á fulgurante nación española, proxectaba a escuridade sobor dos aterrorizados viláns.

Tan só unha salvidade:

Nesta ocasión o umbral non o provocaba un corpo celeste inoportuno, senón dúas simples palabras, nación catalana.

Tirando do fío das supersiticións cataclisticas que o longo da historia se alimentaron dos ecplises, os hindúes reducían o ecplise a unha cuestión de morosidade: Dahnko(figura comparábel co diaño) secuestraba ao Sol por non salda-las súas débedas.

Tal que un problema de olor corporal, o símil político, vese vir dende lonxe: os advenedizos Carod e Maragall reclaman co novo estatut a débeda que Zapatero contraeu na súa investidura. coma presidente do goberno.

Esa é cando menos, a versión dos que ficaron "mirando cara el sol"."¡Niño, ponte las gafas homologadas!"

Desprotexidos das lentes Zeiss do sentido común, sufriron importantes danos nas súas fóveas-que tamén fobias-, cando escoitaron aquel exconxuro que fería de morte á sacrosanta Constitución Española-trade mark-.

Por que como todo cidadán de ben sabe, a carta magna contempla únicamente os conceptos de nacionalidade e rexión.

Certo é que o estatut incorpora expresións tan sospesitosas como a de "libre solidaridade". E digo sospeitosa, posto que dende a miña perspectiva, o aspecto capital do noso modelo de convivencia non é outro ca o do auxilio interterritorial e o esforzo volitivo que iso supón.

Alén de expresións incorrectas, ou por veces díscolas,sexamos sensatos:Non estamos a falar do Black and White. As palabras non matan.

Xa vexo a García de la Concha incluíndo no esplendoroso diccionario da RAE unha esquela semellante á que segue:

"As palabras poden producir manía persecutoria.Administren a semántica en pequenas doses".

Etiquetas: ,

---------------------------------------------