As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta
Romantismo de caixa rexistradora
Miedos de comunicación
Morramos como galegos
Sugar Blu-Ray

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

9/1/08

"Chiquilladas" e rabos de pasa


Rematou o Nadal.Xa é hora de garda-lo alumeado ata que alá polo mes de Outubro o amor fraternal volva a lucir nos expositores.

Estas cousas suceden, en efecto cando as luces se esvaen:Seica xa non é ilegal negar o Holocausto nazi.

Despois de que a paz, o amor e demais atrezzo destas datas nos saísen polas orellas,ao ler este tipo de novas a un éntranlle uns desexos ben grandes de "liarse a tiros",como dicía o mozo dunha ex-compañeira,sumido na "xaneira colectiva" de Zara.

Sentenzas coma ésta remítenme a unha vella conversa,na que coincidía en que estamos a banalizar as palabras de máis.Nos ambientes universitarios, escoitase a miúdo a palabra fascista,sen que afortunadamente; ningún dos "ideólogos" da miña xeración tivesen contacto directo con esa realidade histórica.Como moito,aquí en Galicia desfrutamos durante máis dunha década do noso Dorian Gray enxebre.

Para Ionesco as palabras podían seren mortais.Eu non digo tanto,pero quen me pode negar que certas palabras son tan perigosas coma a folla dun coitelo?

É certo que nesta "fisterra" aínda sobrevive o fedor caciquil,mais non pasan de ser "fachiñas".Coma o cabrales:Familiares e rancios a un tempo.Daí, ao fascismo, resta un abismo.

Dun tempo para aquí,a extrema dereita adquiriu moita visibilidade mediática.Poida que hoxe só sexan unha grea de descerebrados que comparten cánticos racistas e litrona,pero mañá quen sabe se se poderían reproducir as sombras que asulagaron Europa hai ben pouco.

Estas non son "chiquilladas", que diría o bo de Arzalluz.Non perdamos a memoria pasado o "ano"...

---------------------------------------------

3 Comments:

Blogger Mer said...

inspiráchesme un post para o meu blogue
xa quería ter falado sobre isto pero ata que non lin este teu non conseguín verbalizalo
o noso dorian enxebre, jaja, gustoume a definición
eu chámolle cocodrilo porque disque son os únicos animais que sobreviven dende a época dos dinosaurios
pois ben, o noso cocodrilo con complexo de dorian gray segue a facer declaracións nada acertadas
en fin, á vellez sempre se desvaría e este persoaxe sempre foi un vello, mesmo cando tiña 15 anos
un bico

11:22 a. m.  
Blogger Anxo Caído said...

Vaia!Nunca me considerei quen de inspirar algo de proveito.Agradécese,Mer.

Imaxino que nalgún lugar hai algún retrato de Fraga que se vai tornando fermoso por momentos,algo así coma o "negativo" do famoso crado.

8:33 p. m.  
Blogger Mer said...

O retrato de Dorian Gray foi un dos libros que máis me impresionou cando o lin.
Tiña eu, non sei, quince anos ou así e non sabía quen era ese Dorian nin nada da súa historia.
Recordo que non paraba de falarlle do libro a todo o mundo e flipaba que o tal Oscar Wilde ese tivese semellante imaxinación.
Cambiou totalmente a miña visión sobre a lectura e os escritores, dende ese momento para mín foron auténticos deuses.

11:02 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home