Sugar Blu-Ray
Levo uns días postrado na cama(máis dun reemplazará o participio por "estomballado" :P) por mor dun virus.Parafrasearei a San Agostiño dicindo aquelo de "bendita a cabeza que che doe,pois lémbrache que a tes enriba do pescozo".
Ao que ía:Xa tiña "mono" geek e pasei por Elotrolado.net,onde atopei un interesante post sobre un lector-gravador híbrido Blu-Ray/HD-DVD.
Despois de rematalo,lembrei unha conversa de cando a PS3 só era un ambicioso proxecto e un amigo confiábame que,na súa opinión, a guerra dos formatos non ía ser tal e ámbolos dous estaban condenados "a entenderse".
Á luz desta nova,semella que a súa profecía (el imítalle abondo a Damien); está a confirmarse.
Realmente alguén pensou que nun enfrotamento na que se baten dous dos meirandes púxiles da tecnoloxía: Microsoft coma coach do HD-DVD e Sony no recuncho do Blu-Ray(amais de importantes produtoras e distribuidoras audiovisuais),habería unha vitoria por K.O.?
Demasiados intereses en xogo nesta nova nova Guerra Fría do almacenamento óptico.
PS: "Lo guardaré en el cajón de los fracasos,junto con mi vídeo Beta".Gonzalo de Castro en Siete Vidas.
---------------------------------------------
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home