As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Ayla
Sigo a cravar
ZP e o suor de Esperanza
Bombardeando cravos
Chopin-Hauer
Mad
Killer Instinc
Help
Estulticia(palabro que determina o parvo que podo ...
Habemus Kamarada

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

9/5/07

Ún non se reforma.Só perde folgos...


Onte no videoclube, mentres Noa esgotaba a xornada laboral,púxenme a parolar con Emilio,amigo, opositor e informático(vaia cóctel para enxendrar un friqui).A conversa chegou a un punto álxido cando falamos de Al Pacino.

Eu recomendeille "Carlito´s Way", onde da man de Brian de Palma,volve a vestirse de gala coa pel dun hampón.

Como xa ocorrera con Micky Corleone, Carlito pretende escapar dun destino case tráxico.

Acaba de saír do caldeiro despois de cumprir cinco dos trinta anos de prisión por delitos de narcotráfico.O artífice deste "prodixio legal" non é outro que Sean Penn, un avogado decadente que sobrevive salvando cus mafiosos.

De novo sendo un home libre, Carlito Brigante fai propósito de enmenda e mesmo planea unha xubilación dourada;pero velaquí que a sombra do seu pasado encarnouse en Benny Blanco, un narco de medio pelo, que admira o ronsel de Brigante e aspira ao "cetro" de Harlem Este.


O protagonista tenta esquivar por tódolos medios as miserias do lúmpen,malia a saber nos seus adentros que " a rúa sempre te está a observar".

Con todo, "o león durmido" leva tatuados os instintos que lle axudaron a sobrevivir no Barrio Latino de Harlem dos 70 e será un autoimposto sentido da lealdade, o que o apartará dese camiño recto marcado polos seus pasos de escéptico.Despois de todo, como lle dixo un avogado:"Ún non se reforma.Só perde folgos..."

Nota:Non ten desperdicio a intervención de Viggo Mortensen.O cabrón xa apuntaba maneiras.

Etiquetas:

---------------------------------------------