Habemus Kamarada
Durante o meu paseo blogueiro matutino,reparei en que Gago anunciaba a volta de Juan Castro(alias Kastro,alias Ákaro,alias Chexire,alias Cronistadeoz...) ao territorio blog.Sempre é unha boa nova que a ventá aberta da Rede deixe paso á creativide e ao temperamento inquisitivo.
De certo que os que o seguimos na súa primeira internada no blogomillo, sabiamos que non tardaría moito en morder novamente o anzol da triple uvedobre(se é que se ceibou del nalgún momento).
Por que é un motivo de ledicia o seu retorno?Moi sinxelo,como di o spot conmemorativo dos cincuenta anos de TVE,retornas a todo aquelo que che marca.E dende logo a este amiense-parisino(a orde dos factores pode altera-lo produto),pódelo tratar con indiferencia,mais é difícil que che deixe indiferente.
Sempre dende unha visión periférica,deséxoche moita sorte nesta nova andaina, kamarada.
P.S.:Espero que non esquenzas as túas habelencias felinas,Chexire.

Etiquetas: Blogosfera, Kamaradas
---------------------------------------------
1 Comments:
Grazas, Kompañeiro!
Aínda que non sei a que te refires co de temperamento inquisitivo, pero se non mo dis rapidamente, saco a maza de pinchos, o descuartizador e vou encendendo a fogata!
Publicar un comentario
<< Home