A clave
O pasado venres era a data sinalada para o estreo do Código da Vinci ,a adaptación cinematográfica do best-seller de Dan Brown.Poida que dende "Lo que el viento se llevó",ningunha das versións cinemátográficas dunha novela que se teñen feito, causara tal nivel de expectación.
Conflúen moitas claves e sinerxias para explica-lo impacto dunha obra destas características.Entre elas,atopamos a feroz campaña publicitaria que encumiou a Brown ao Olimpo dos escribidores multimillonarios(estímase que a venda dos corenta millóns de exemplares lle reportou a bonita cifra de trescentos millóns de dólares).
Adoitaba dicir Juan Kastro,-Chexire para o blogomillo-que "S.Pablo fóra o maior experto de marketing da Historia".E non lle faltaba razón...
Seguindo os pasos deste "pecador arrepentido",o autor de "Ángeles y Demonios" orquestou unha campaña publicitaria coma poucas se lembran.
Coa súa intriga pseduo histórica-relixiosa puxo en pé de guerra a colectivos sociais tan dispares coma o Opus Dei(por certo, a editorial norteamericana que se fixo cos dereitos do Código,ven de reeditar "El Camino"),a NOAH-ten coña-(Asociación de Albinos Americanos),a Igrexa Ortodoxa bielorrusa,historiadores e teólogos,a unha monxiña de Westminster...Todos eles vencellados polo marabilloso fenómeno da publicidade indirecta."Que falen mal,pero que falen",debeu pensar o bo de Dan.
O estratosférico triunfo da trama encabezada por R.Langdon,non é máis que a escenificación recurrente dese virus ibérico que nos leva a adora-lo estranxeiro en detrimento do produto nacional: AUPA J.J.BENÍTEZ!
Etiquetas: Literatura, Relixión, Xxxtremadamente
---------------------------------------------
3 Comments:
Igual que o meu colega Cibergaiteiro (cibergaiteiro.blogspot.com), volves à vida (metaforicamente) hoje, 22 de maio. Que vos dariam de comer???
Enfim, já que estás de volta, aceitas um convite? http://madeiradeuz.blogspot.com/2006/05/meme.html
Se não o reenvias a mais 5 pessoas, o céu cairá sobre a tua cabeça, anjo pecadorrr ;-)
Hala, y vuelves así, como si nada. Sin pedir perdón a la gente, sucia bastarda, que cada día abríamos tu blog con la tristeza de tu supuesta muerte.
Tu próximo post debería ser una foto tuya de rodillas.
He dicho.
Home Pablo!!Canto tempo levabas sen chamarme "sucia bastarda"...Bótanse de menos estas mostras de afecto.O da foto de xeonllos, xa che dixen que era negociábel.
PD:O día da miña morte haberá un exhaustivo post.
Publicar un comentario
<< Home