As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Peor o remedio
New Age
Ermo
"Chiquilladas" e rabos de pasa
Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

9/10/06

Tolemias diversas

O pasado mes de setembro suspendeuse na Deutsche Oper de Berlín a ópera Idomeneo de Mozart.Columnistas,editorilalistas e -istas varios lanzaron soflamas defendendo a liberdade de expresión.Foi na web,onde atopei a que para min é unha das reflexións máis atinadas sobre esta polémica.




Neste mundo de tolos, alomenos éste faime rir.

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

22/5/06

A clave


O pasado venres era a data sinalada para o estreo do Código da Vinci ,a adaptación cinematográfica do best-seller de Dan Brown.Poida que dende "Lo que el viento se llevó",ningunha das versións cinemátográficas dunha novela que se teñen feito, causara tal nivel de expectación.

Conflúen moitas claves e sinerxias para explica-lo impacto dunha obra destas características.Entre elas,atopamos a feroz campaña publicitaria que encumiou a Brown ao Olimpo dos escribidores multimillonarios(estímase que a venda dos corenta millóns de exemplares lle reportou a bonita cifra de trescentos millóns de dólares).

Adoitaba dicir Juan Kastro,-Chexire para o blogomillo-que "S.Pablo fóra o maior experto de marketing da Historia".E non lle faltaba razón...

Seguindo os pasos deste "pecador arrepentido",o autor de "Ángeles y Demonios" orquestou unha campaña publicitaria coma poucas se lembran.

Coa súa intriga pseduo histórica-relixiosa puxo en pé de guerra a colectivos sociais tan dispares coma o Opus Dei(por certo, a editorial norteamericana que se fixo cos dereitos do Código,ven de reeditar "El Camino"),a NOAH-ten coña-(Asociación de Albinos Americanos),a Igrexa Ortodoxa bielorrusa,historiadores e teólogos,a unha monxiña de Westminster...Todos eles vencellados polo marabilloso fenómeno da publicidade indirecta."Que falen mal,pero que falen",debeu pensar o bo de Dan.

O estratosférico triunfo da trama encabezada por R.Langdon,non é máis que a escenificación recurrente dese virus ibérico que nos leva a adora-lo estranxeiro en detrimento do produto nacional: AUPA J.J.BENÍTEZ!

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

14/2/06

O "canón" occidental

Nun exercicio de orixinalidade sen precedentes, matinaba eu se falar de Mahoma ou agasallar con flores e tarxetas en S. Valentín.Sopesando as dúas opcións, concluín que a primeira das opción era a máis (barata) axeitada,en virtude da súa "candente actualidade" .

Que se liberdade de expresión, que se un "quítame allá esas caricaturas"...

Dende o meu sempre limitado e valioso punto de vista, creo se dalgo se pode acusar a uns e outros é de idolatría. O amor excesivo a un ídolo.A pugna estriba en decidir cal dos respectivos tótems debe impoñerse ao outro.

Por que se as reverencias duns se orientan cara a cidade saudita da Meca, as dos outros descansan nesas tres palabras herdadas da Revolución Francesa: liberdade de expresión.

Semella que o que naceu coma un dereito (previa sega dalgunhas cabezas; como non), mudou nunha especie de dogma que debemos salvagardar a toda costa.

Os dereitos abrollan no terreo da reflexión,os dogmas afunden as súas raíces na impermeabilidade da fe.

O grave do asunto non é que o depositario dos rezos de centos de millóns de musulmáns aparecese satirizado cunha bomba enriba da cachola, nin tan sequera as destrutivas algaradas dos ultraxados fieis.

O que me inqueda é que detrás desa clave de humor subxace unha idea que tende a identificar un determinado credo con comportamentos terroristas.

Temos medo deles?Percibimo-la súa presenza coma unha ameaza?E moi posíbel que prescindísemos do tamiz da diplomacia, moita xente contestase afirmativamente ao meu inquérito.

Pero...Quen reparou en como nos ven eles a nós?Coma colonizadores?Non sería comprensíbel logo a súa airada reacción?.

Hai xa máis de cincocentos anos que invadimos o Novo Continente cun "kit civilizador" composto por Biblia e espada.Plus Ultra e tal.Daquela desfrutabamos coa nosa autocomplacencia benefactora sen plantexarnos sequera que podiamos non tela razón...

E digo eu, para tan pouco deron cinco séculos?

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

14/11/05

Policías e ladróns

Hoxe é un deses días. Unha desas xornadas con resaibo de dèja vú. Un día no que o catorce é a única marca diferenciadora con respecto os seus irmáns máis vellos.

Mentres andaba na procura dun ordenador para actualiza-lo meu blogue(o pobriño do abandonado que o tiña, xa fedía a naftalina), autoconvencíame de que este post non versaría sobor de política, rexouveo,casquería ou calquera outro eixo temático susceptíbel de ferir sensibilidades.

Mais a carne é feble(a miña máis se cabe) e volvo ás andadas.

O sábado tivo lugar unha manifestación co gaio de expresa-la disconformidade dos alí presentes coa nova Lei Orgánica da Educación.

Malia que carezo do sentido crítico que concede a lectura literal do texto legal que si atesouraban a maioría dos manifestantes, apreséntaseme moitos claroscuros nunha lei destinada a auparnos do antepenúltimo lugar do baremo que testea a calidade da educación no Vello Continente.

Pero non vou adicar estas liñas a debulla-los perigos e bondades da L.O.E. Sería intrusismo no honorábel gremio dos tertulianos matinais.

O que me enerva profundamente é esa visión reduccionista da pluralidade que se resumiría nun cinematográfico: “Non hai sitio nesta cidade para os dous para os dous”

En vista do agravio clerical que supón a nova norma, Rouco Varela desenfou o seu Colt linguar e animou aos católicos a secunda-la protesta.

Afeito xa a este tipo de espantadas, podería face-la vista gorda (ese deporte tan castizo) se non fose por que o últimamente tan traído e levado Estado de Dereito e a ameazada orde constitucional, especifican non só o principio da separación de poderes, senón tamén a aconfesionalidade estatal.

Atendendo a esa premisa plantexada no artigo dezaseis da Carta Magna, tódalas crenzas deberían ser tratadas igualitariamente.

Logo…Como é que a fe mahometana, por poñer un exemplo, xa era optativa (con sorte) antes da revisión educativa? Por que esta circunstancia non provocou tan encendida polémica?

Non fago apoloxía de ningunha confesión concreta. Tan só lamento que o noso campo de visión se estreite paulatinamente.

Dicía Risco que admiraba o trazo simple dos meniños, quen simplemente cun par de liñas podían representar figuras moito máis puras ca os intentos "pseudorrealistas" dos seus maiores.

A todos nos sucedeu o mesmo:Empezamos cuns borranchos planos e despois descubrimos esas pomposas verbas: volume e perspectiva.

Poida que a nosa forma de pensar decorra polo mesmo camiño. No inicio, uns pensamentos sinxelos que engordan progresivamente con argumentos, motivos e demais trapallada retórica que nun intento fallido de darlle volume ao noso discurso, non consegue senón revelar a bidimensionalidade da nosa razón.

Traducción do párrafo anterior: Aínda que non decatemos, ficamos sendo meniños disfrazados de policías e ladróns, tratando de convencer aos cacos de que o noso é o bo camiño.

Plaxiando a Mrs Sara-Mago:Ese é o verdadeiro imperialismo.

Nota: Se vos prace, reflexionade un chisquiño. Non vos “comades a cabeza coma min”:P.





Etiquetas: , ,

---------------------------------------------