Monárquicos
Se isto non é arengar contra a monarquía, que baixe Peñafiel e o vexa.
Etiquetas: Humor, Politiqueo
---------------------------------------------
Etiquetas: Humor, Politiqueo
Labrado polo Anxo Caído ás 2:25 p. m.::
---------------------------------------------
15 Comments:
pero mira, ela tamén ten blog...
http://www.gorkalimotxo.net/covadonga/
e o ben que pinta!
por certo, macho, q podías cambiar a tipografía... é maliña de ler...
saúdos dende a terra do falo
Parecerache un atrevemento uu se cadra unha forma desgastada de ligar pero...Se es da terra do Falo...Coñecémonos?
si, oh, son ila, da terra do Falo de Vigo... ai, q pouco espabilados andamos!
Recorda, Xancinho, as sabias palabras de marita: la coca-cola es pecado, también te puede dejar ciego...
Ó que eu agrego: pois como non dillievolucione en kalimotxo, non sei como vai ser.
Antonio, non teñas medo, se cambias a letra ímosche por comentarios igual, de verdá...
Teño que reface-los códigos,Kastro q o outro día fixen unha desgracia...Pero dame unha preguiza(que seica tamén é pecado).Iso de que seguiredes posteando comentarios é unha sorte/caste de ameaza de spam?
Boas.
Pasaba por aquí...
O cambio tampouco está tan mal. O que non vexo moi ben son os tamaños, algo desproporcionados, dígoo sobre todo por "comentarios" aínda que se como dis ves isto cada mañá, supoño que o ego se alimentará vendo como aumenta a lista, á que contribúo coa miña achega
encantada
(agora estou pechando a porta)
e aínda que camiño de costas a ti, sei que aínda imos pensar un bo anaco no que dixemos.
ata vernos, antonio.
Pois a verdade é que o do tamaño dos comentarios ten algo máis que ver co feito de que non rematei de corrixi-la plantilla que cunha escura fixación freudiana.Fixación co tamaño, para ser máis concretos.Xa que camiñas de costas a min....Terías a amabilidade de dicirme quen es?É que isto das adiviñas cánsame moito e dáselle mellor a Edipo.Por certo, grazas polo teu comentario.
Algo me di que es Jessica...Isto xa empeza a parecer unha comunidade.Síntome abrumado...
por certo, a estas alturas... alguén se acorda de que ía este post, ou leu o enlace ó que leva?
por q, a pesar d q levamos 13 comentarios (14 con este), no blog segue poñendo que só hai 7???
Veña, Anchoniou, sóltao xa! Cal é a túa nova (e pretendentemente seria) dirección d blog? Ou é q saturamos este con tanto comentario (falta d costumbre)? ou é q queres manter a intriga pa q che sigamos mandando posts, porq se non non hai maneira?
MANIFIÉSTATE!
Eu tamén podo facer un estudio sobre blogs coma Silvia: estudiando a frecuencia de actualización deste blog cheguei a conclusión de que Antonio só escribe posts cando pasa pola facultá...
Antonio
Escribe algo, anda
e que leo isto case a diario e sempre atopo o mesmo
asi tamen estamos todos en contacto, que se non, perdemonos e logo e dificil atoparse e despois empezan a faltar as ganas de atoparse e xa se fan mais intermitentes e alguns dias xa non hai e que vai ser isto, a ver, que te veo yo muy inocente, na facultade non nos vemos, na rede tampouco e eu a casa non che vou ir, como comprenderas, porque non son formas e xa ves que intencion non me falta, ai, antonio, non me=nos podes facer isto, co ben que taria eu agora vendo os xornais ou mergullando por ai na rede, teño que tar escribindo isto, iso e non ter consideracion, pois por eso estou escribindo sen puntos nin comas nin nada, para que dea mais que ler.
e a todo isto, como vai todo?
en serio, boto de menos que escribas algo e logo comentarcho e falarmos, ainda que sea a traves do blog
coidate e sobre todo aparece, anda
Parece que xa nos cansamos de comentar o metablog de Antonio...
Podías dar sinais de vida... Andandarás?
Parece que fum eu o único que não tinha posto o seu comentário aqui. Pois nada; certifico a 9 de março de 2006 o meu comentário:
"Comentário".
Ala, já tá :-)
Publicar un comentario
<< Home