A canteira de Al Qaeda
O pasado mércores o FBI entrou no instituto Mc Clatchy de Sacramentoou(California), para someter a Julia Wilson a un interrogatorio...Bonito lid,pero...Quen é Julia Wilson?"Con toda certeza estaremos diante dun dos cerebros de Al Qaeda nos iuesei", pensaredes.Pois non.Trátase dunha rapaza de catorce anos de idade a quen os federais chamaron a capítulo por,supostamente,caricaturizar a Bush nun foro da Internet.
Meu deus!Que abominábel!Pónseme un nó na gorxa só de pensalo...Agora mesmo vou chamar aos servizos de Intelixencia de "Yankeelandia"(abstédevos do chiste gratuito), para informalos de que a rede terrorista ten unha publicación regular en España chamada el Jueves(vou escribirlles decontado por que seica sae os mércores).
Corre Forges,corre!

---------------------------------------------
2 Comments:
A história dessa rapaza é das que fazem pensar a um sobre o que acontece neste mundo globalizado (e nesse país de loucos, os USA).
Por certo, mola o desenho do blogue!
O malo dos iuesei ,non é realmente que sexa un país de tolos(habelos hailos en todas partes,senón que estea gobernado polo que ten menos luces.
Grazas polo do deseño,compañeiro.Teño que modifica-lo código.
PS:O blogomillo bótate en falta ;).
Publicar un comentario
<< Home