As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Peor o remedio
New Age
Ermo
"Chiquilladas" e rabos de pasa
Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

16/10/06

A canteira de Al Qaeda

O pasado mércores o FBI entrou no instituto Mc Clatchy de Sacramentoou(California), para someter a Julia Wilson a un interrogatorio...Bonito lid,pero...Quen é Julia Wilson?"Con toda certeza estaremos diante dun dos cerebros de Al Qaeda nos iuesei", pensaredes.Pois non.Trátase dunha rapaza de catorce anos de idade a quen os federais chamaron a capítulo por,supostamente,caricaturizar a Bush nun foro da Internet.

Meu deus!Que abominábel!Pónseme un nó na gorxa só de pensalo...Agora mesmo vou chamar aos servizos de Intelixencia de "Yankeelandia"(abstédevos do chiste gratuito), para informalos de que a rede terrorista ten unha publicación regular en España chamada el Jueves(vou escribirlles decontado por que seica sae os mércores).

Corre Forges,corre!

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

18/4/05

A ditadura do relativismo

Semella que hoxe os meus pensamentos se cruzasen cos do cardeal alemán Joseph Ratzinger.

Namentres que o diácono criticaba o que deu en chamar a "ditadura do relativismo" por que segundo el, "no reconoce nada como definitivo y que deja solo al propio yo con sus deseos" eu , a miles de quilómetros do Vaticano; defendía ardentemente esta filosofía de vida. E defendíaa e deféndoa, sendo plenamente consciente (ou cando menos tentandoo...) de tódalas aspirinas que esta decisión implica.

Este xeito de estar no mundo (ao fin e ao cabo non é máis ca iso), trae a miña memoria eses edificios xaponeses que se manteñen ergueitos a pesares de verse sacudidos por terremotos apocalípticos. E por que?Pola flexibilidade (que non inconsistencia) dos seus alicerces. E mentres el devalaba tremelicante, o seu benposto irmán, víase reducido a unha mole ruinosa de formigón. Ironías da vida.

O flutuante desta óptica, derivou en que hoxe teña que valerme do diccionario da RAE, institución da que nunca fun devoto, para ilustrar axeitadamente as miñas ideas. Xa que logo, velaí vai unha ración de academicismo intertextual:

Axioma.(Del lat. axiōma, y este del gr. ἀξίωμα).1. m. Proposición tan clara y evidente que se admite sin necesidad de demostración.

(puntualizo que este tipo de proposicións son escasas na miña vida. Esta circunstancia priva do benestar das posicións máis inamobibles, pero alomenos tamén me arreda do dogmatismo).

Consideraba a Igrexa que cando no Concilio Vaticano I (espero que non me falle a memoria...) se establecía formalmente as bases do dogma, estaba a seguir o camiño recto ou o que é o mesmo, o camiño acertado. Eu non sei se o camiño recto é o máis recomendábel, pero o meu camiño ten máis curvas que a vella autoestrada de Muros.

Pode, en efecto, que este relativismo meu sexa ditatorial e se cadra o prezo dese totalitarismo sexa unha esixencia inxusta aos demais que me leve a esquencer con demasiada frecuencia as connotacións da palabra:

Empatía. f. Identificación mental y afectiva de un sujeto con el estado de ánimo de otro.

Non obstante, este concepto nunca deixará de preocuparme. Seguirei pescudandoo ollando directamente á cara, que segundo din é o espello da alma (para a miña desgraza).

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

6/4/05

Cuestións Pías

Un día máis, coma tantos outros, seguín canónicamente (permítome tal licencia considerando os tempos píos que estamos a vivir) o ritual cotiá baseado nas seguintes pautas: abre os ollos (non implica violación do copyright), odia ao inoportuno despertador sóbor de tódalas cousas, para acto seguido; serenarte lembrando a premisa vital a que todo vago que se precie de selo debe consagra-la súa vida: "Se te ergues cedo, pasarás máis tempo sen facer nada".

Unha vez rematei de prepararme para presentarme diante dos ollos do mundo exterior, tomei camiño da facultade, onde tras conectarme a Internet, descubrín tres titulares que atraeron poderosamente a miña atención.

A saber : Rainiero de Mónaco pasou a mellor vida, Ana Botella considera que a fundación FAES, ten dereito a emitir "un video "divulgativo" con "el relato ordenado" de lo que sucedió en España entre el 11 y el 14 de marzo" ...

Ufff... Teño que recuperar os folgos para enunciar a non menos importante nova de que Rouco Varela entra na terna de papables, segundo reputados vaticanistas."Yo tengo un gozo en el alma..."

Durante este fulgurante repaso informativo, non puiden deixar de pensar en que os rexentes de dous dos tres estados confesionais do planeta, están ás portas do Xuízo Final. Neste careo co Pantócrator Juan Pablo II, parte, pese a ser un involucionista, con obvia vantaxe. Pola contra, o príncipe monegasco térao un chisco máis difícil, no caso de que teña que rendir contas polas disolutas vidas dos seus vástagos...En fin, cando menos agardo que dunha vez por todas, Request in Pace.

Arrebatada por este interludio de artificios mediáticos, Ana Botella, saiu a palestra para romper unha lanza en favor do célebre-que non celebrado-, vídeo das FAES. Xa se sabe, detrás de todo gran home, atoparemos unha gran muller. Aínda que tendo en conta a talla-moral- de Aznar, non sei eu se lle sería aplicábel...

E pechando a tríada: Rouco Varela. Cando os Teólogos da Liberación se esperanzaban ao pensar que un dos papables latinoamericanos podía abrir unha etapa aperturista dende o Trono de Pedro...Zas!...Rouco Varela pode culminar unha "brillante" e lonxeva (máis de 47 anos) carreira eclesial, lucindo o anel do Pescador.

En fin, só dicir que sinto envexa destas tres personaxes, xa que as súas sólidas conviccións afórranlle moito Prozac á hora de durmir...

Etiquetas: , , ,

---------------------------------------------

3/3/05

Dereito de Réplica

Comentou nunha ocasión Alfredo Urdaci-infravalorado adalid da comunicación-, que a súa flamante obra Días de Ruido y Furia se ía chamar, nun primer momento, Derecho de Réplica.

Eu tamén me amparo neste dereito, para dicir na miña defensa, que isto non só é unha abominación digna de Campoamor. Amais de versos infames, esta composición encerra unha mensaxe cifrada para a Paule de Viguier do século XXI.Vai por ti.



(Que me perdoen os estómagos sensibles).

Etiquetas: ,

---------------------------------------------