Chopin-Hauer
Se o tal Hauer tiña razón,aínda me restan case dezaséis anos para remata-lo texto e outros trinta para formaliza-lo comentario.Cando o aniversario se descolga do almanaque,un cae na tentación de facer inventario(como se todo fose tan sinxelo como para limitarse a sumar e restar!),polo que me imaxino que se o vou postergando,a crise dos corenta pode ser bíblica.De tódolos xeitos, polo de agora radico na Belle Époque,así que...
Solana saltara á palestra co famoso "catorceavo" e o inefábel F.X.Vaz d eulle unha nova dimensión ao vixésimocuarto número natural:O "vintecuatro".
Durante trescentos sesenta e catro días, teño tempo dabondo para celebrar debidamente os meus non-cumpreanos,pero mañá convido a tódos aqueles que tiveron paciencia suficiente para simular amizade no decurso deste camiño, a uns tóspiros ou similares.
Podería adoptar unha postura pretendidamente nihilista ou "A-mi-esto-me-da igual",pero que carallo,alégrome de pasar por aquí!.

Etiquetas: Efemérides
---------------------------------------------
1 Comments:
Agradece-se o convite às portas dos 24, mas os compromissos precário-laborais são inescrutáveis...
Publicar un comentario
<< Home