Bombardeando cravos
Onte, videando o filme de María de Medeiros "Capitáns de Abril"(é maliño,pero vaia por diante a conmemoriación), e mentres escoitaba "Grandola.Vila Morena" de Xosé Afonso; rumiaba sobre como os símbolos espertan as conciencias.Esa canción foi a chave de paso para unha vaga de cravos vermellos que rematou por esmorecer de vez o salazarismo.
Trinta e sete anos e un día antes a vila de Guernika ficou asulagada por outra vaga mortífera:A das bombas que grabaron a lume na memoria colectiva a Operación Rünge.
Canda estas dúas efemérides, érguense dous estandartes de sobra coñecidos:O Gernika,de P. Picasso e a canción do "Zeca".
Na altura destes fitos,calculo eu que estaba a prácticar os catrocentos estilos no testículo(léase collón) esquerdo do meu pai,causa eximente de lembranzas;como comprenderedes.Porén, cando o retrouso poético do "povo" ou o o estrondo dos Hinkel cesaron,estes símbolos chegaron ata a miña xeración pendurados do tempo.
Na súa intervención, en calidade de experta cinéfila e activista subversiva,Margarita Ledo-Vaia muller.Quen a pillase con cento cincuenta anos menos!- desexou que non só houbese portugueses saudosos de Salazar,senón tamén do capitán Dinís de Almeida.
Dixera Picasso que arte debía ser unha arma e non colgarse das paredes.Para min, non son premisas excluíntes.

Etiquetas: Efemérides, Histórico
---------------------------------------------
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home