As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Para unha vez que non le un discurso...
Pili
Crucificando ao crucifixo
Ún non se reforma.Só perde folgos...
Ayla
Sigo a cravar
ZP e o suor de Esperanza
Bombardeando cravos
Chopin-Hauer
Mad

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

19/11/07

Chove en Santiago

Xa botaba en falta as pozas do Obradoiro...E aproveitando a conxuntura, postearei sobre mollado.

Hoxe pola mañanciña,lía o "artigo portugués" de Méndez Ferrín, no que viña a dicir
que se criticaba a Chávez por "esnobismo".

Xa se sabe que estamos en "terra de lobos" e se hai que ouvear en si bemol, pois ouvéase e punto.

Ora ben, hai alguén que cre, patriotismos de medio pelo aparte,que eses son comportamentos dignos de dous xefes de estado ou tan sequera de dous homes que se vistan polos pés?

Deploro a "campechanía"(estou a investigar se este termo existía antes do 75) do Rei Borbón,por que creo que esa é unha bagaxe moi pobre para a cabeza visíbel da diplomacia española(salvando a "Moratóns").

Outra das concesións populares, é a súa intervención no malogrado golpe do 23-F(aínda que isto daría para unha longa conversa e senón que llo pregunten a un teixugo que chegou a facer chanzas acerca do "Elefante Branco").Supoñendo que isto fose incontestábel e que a súa salvífica persoa evitase que a nación "pre Naranjito",situada ao carón do abismo, dése un paso á fronte;é esta unha premisa válida para concederlle un cheque en branco a perpetuidade(ou ata que morra.O que suceda primeiro)?

Creo que se comete o erro de personificar unha forma de estado,polo que as críticas a unha institución,confúndense con ataques a un individuo.

Non me esquezo de Chávez que tamén sabe gañarse o favor das masas cun discurso tan fervoroso, que en máis dunha ocasión pensei que botaba por fóra.Valla de exemplo a súa ponencia no pasado cumio da Opep.

O adaíl bolivariano tentou, cando Freddy Mercury gorxeaba en Barna,dicirlle Good Bye,presidente a Carlos Andrés Pérez, pero fracasou nas súas prácticas de fogueo.


Resulta que agora Aznar é un golpista e un fascista...

Poida que Aznar sexa un fillo da Gran Bretaña(perdón para tódalas bretonas que exercen tan ancestral oficio),pero é o noso fillo de puta.

O pucelano abandonou o seu escano(democrático) tras oitos anos e non procurou unha reforma constitucional que lle permitise detenta-lo poder per secula...

E como dixo ZP:Non serei eu quen o defenda,pero...Sentidiño.

---------------------------------------------