Miedos de comunicación
Blogger:Permite o acceso a máis de nove mil millóns de documentos.
Technocrati:Segue a evolución de cincuenta e catro millóns de blogs.
Youtube:Cada día subimos máis de setenta mil vídeos...
Saturados?
Hai centos de anos o coñecemento habitaba no couto privado do clero e hoxendía calquera pode proxecta-la súa voz en ceros e uns(e ás veces ata algún dous :D).Outra cousa é que a alguén lle interese o que dis.
Lembro que unha vez me dixeron con sorna que neste país había tres cousas das que todo o mundo sabía:A psicoloxía, o fútbol e o xornalismo.
"Polanco ha muerto.Viva o blogger!"
De certo, o xornalismo non morreu.Simplemente hai millóns de persoas que, aínda que probábelmente nunca figuren na nómina dos Pulitzer,son quen de transformar este fluxo informativo descomunal en coñecemento e xestionalo con maior eficiencia ca moitos titulados.
Con frecuencia a entrada dun competidor no "noso terreo"provoca laios e desconfianzas.Sucede coa globalización e tamén cos we media.
Son os Xogos Olímpicos da inmediatez.Na liña de saída hai dorsais elevados a n.O importante non é participar,Coubertein-todos poden facelo-;nin tan sequera ser o máis rápido.A pregunta é: Podes ofrecer algo mellor ca eles?

---------------------------------------------
2 Comments:
E somos moita a xente que non nos adicamos ao periodismo pero temos a necesidade de escribir e ser escoitados, bueno, lidos.
Gustoume este post, bicos e gracias por visitar o meu e comentar cousiñas nel, sempre é unha ledicia recibir visitas e comentarios.
Non tes nada que agradecerme por visitarte,Mer.Como digo neste post,segue tentando ofrecer algo atractivo paraler.Unha aperta ;).
Publicar un comentario
<< Home