As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Peor o remedio
New Age
Ermo
"Chiquilladas" e rabos de pasa
Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

29/3/05

Miguel Ángel

Non sei moi ben por que ( se cadra un déjà vu deses), hoxe veume á cabeza a película de Carol Reed 'El tormento y el éxtasis'.

Nela, Chalrton Heston métese na pel do xenial Michelangelo Buonarroti (Miguel Ángel in spanish). O artista italiano elevou a arte renacentista ata cumios insospeitados, mais non puido evitar que puritanismo do seu tempo lle impedise expresar abertamente a súa tendencia sexual.

O certo é que malia ao que algúns poidan pensar a miña admiración por Michelangelo non excede a súa faceta artística...




Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

17/3/05

Hello Vilas Nogueira

Ás veces, poida que con demasiada frecuencia, o ser humano concibe a súa vida coma o estadio olímpico de Munich, Seul, México...e.t.c. :

O corredor sabe que ese silencio asoballador que lle está a rozar a caluga, non é máis ca o preludio ao draconiano xuízo do respetábel (a saber por que lle chaman respetábel ao responsábel desas sentecias maniqueas).

A marxe de comulgar ou non con tal situación, o auténtico problema radica en que este sistema aínda presenta disfuncións, pois os paritorios aínda non asimilaron á perfección a mecánica taylorista de producción de Nadias Comaneci e obstínanse en traer ao mundo demasiados Erics Moussanbanis.

Un deses nadadores que non tardaron en comprender que o que para uns tan só eran cincuenta metros de piscina, para outros esa mesma distancia equivale ao estreito do Helesponto. E velaí a grandeza do deporte.

Pero...Que sucedería se non estivesemos a falar dun xogo? Que pasa cando as palabras do Barón de Coubertin de que o importante non é gañar, senón participar, non fose máis que unha declaración de propósitos do 1908? Pois ao meu entender,a que fora grandeza do deporte, trocaría nunha das meirandes miserias do xénero humano.

Que pobre bagaxe nos deixaron os sofistas, cínicos, positivistas,existencialistas e demais pensadores se aínda hoxe a nosa mente se artella somentes en dúas dimensións: - e +. Tamén é certo que se uns atoparon o éxito en Montreal, outros buscarano nun Mercedes Benz, nun loft con vistas, ou nun doutorando cum laude...Que máis ten? O caso é ter un bonito oropel que ensinarlle a uns netos embargados pola emoción suscitada polo esplendoroso pasado do seu avó made in Wherter´s Orixinal.

Supoño coa fodida resignación de sempre, que a gloria sempre precisará do seu cruel correlato.En todo, caso procurarei non achegarme de máis ao Lado Escuro, non vaia a ser o demo...

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

15/3/05

Thank yoUz

¡Hurra! Xa podo incluír imaxes no meu blogue.Síntome coma un raparigo con zapatos novos.De momento as vítimas foron O Anxo Caído e Alfredo Urdaci, pero mañá... Quen sabe? Poida que sexades vós...


Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

11/3/05

Reflexiós en voz alta

Pois non.' Terras Baldías` non é un conxunto de palabras estrañas e sen sentido que ao estaren unhas ao carón das outras producen un bonito sonido...Ou si?...

En fin, o principal é que a poesía é para min un medio, non un fin en si mesma.Un medio para poder dicir o que non podo, non quero, ou non sei dicir doutro xeito.Poida que este sexa o sentido real dos meus poemas. Non o sei.

Do que teño absoluta certeza, é de que para chegar a comprender o significado de cada un deles, teríades que entrar na miña cabeza. E fancamente, se non queredes rematar coma Jennifer López en 'La Celda'.Non volo recomendo.

Dicía Freud que o sentido do humor era a un tempo unha pulsión de liberación e de represión, xa que se ti empregas o humor para expresar algo, estás abríndolle a porta ás túas gañas de comunicar, pero por outra banda, se te vales do código humorístico problablemente sexa por que se o fixeses doutro xeito, silenciaríante ou autosilenciaríaste directamente (Ex: Revistas coma el Jueves, Hermano Lobo ou el Papus).Se cadra este é o quid da cuestión.

E que carallo:Os pedantes somos así.

Etiquetas: , , ,

---------------------------------------------

9/3/05

Marcha Atrás

Non. Non son Lorena Berdún e isto non é Dous Rombos.

Só publico para que saibas, Bego, que se nun futuro remoto se dá a probabilidade infinitesimal de que este poema reporte grandes beneficios económicos, o feito de que cho dedicase non implica que teña que pagarche . Remítoche á Lei sobre a Propiedade Intelectual. Serías a primeira en inventar o concepto "inspiración a crédito".

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

As Terras Baldías

Escapando van as terras do panopticón da aurora,
tan só ti tes a ben darlle abeiro na tenrura túas sombras.

O idioma do egoísta esgaza sen compaixón o exhibicionismo das liñas.

Ven xogar comigo ás miñas terras baldías,
onde a realidade “esnifa” monodoses de mentira.

Benvid@ ao clube dos SOS na néboa.

Senta e brinda por min,
namentres ves a un luceiro emborracharse de tebras.

Van meus disparates polos camiños estreitos;
agárdaos na boutique dos cen espellos convexos.

Replican os espellos: retrucan ás mentiras,
cando o falsario canta as verdades pretendidas.

Atoparás ao falsario acubillado na esquina:
está a limpar a cara da esmola da poesía.

Claudican os soñadores, emblema do romantismo,
quedaron petrificados pola indiferencia do circo.

Grazas Lady? e Zori, por saberdes ser o catalizador e a masa crítica destes versos.

Etiquetas: , ,

---------------------------------------------

3/3/05

Dereito de Réplica

Comentou nunha ocasión Alfredo Urdaci-infravalorado adalid da comunicación-, que a súa flamante obra Días de Ruido y Furia se ía chamar, nun primer momento, Derecho de Réplica.

Eu tamén me amparo neste dereito, para dicir na miña defensa, que isto non só é unha abominación digna de Campoamor. Amais de versos infames, esta composición encerra unha mensaxe cifrada para a Paule de Viguier do século XXI.Vai por ti.



(Que me perdoen os estómagos sensibles).

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

Capítulo Primeiro da Profanación

A cara oculta da lúa

A pura alma da lúa quedou raída
polos cantos da maruxía que ouvea para a súa musa .

Se a inspiración abrolla das raiolas do luar,
por que non buscala tamén nos fríos croios do chan?

Co teu fulgor de aluguer escoitabas
aos poetas que non se foran deitar.
E nesas noites de insomnio, fixéronte muller.

Maquilláronte con versos eses toliños de vez.


Dama de compañía. Indiferente orbitar.
Mercaban o teu consolo tan só cunha copla real.

Macilenta madame, xa vai chegando a vellez,
cráteres por un cento cuartean a túa pel.

Princesa das mareas. Tes a cara desconchada, dona de baixa ralea.
Ao teu proxeneta atendes cando a alborada chega.

Mais a lúa reservóunos a súa cara oculta,
para alonxarnos benquerida, deses ripios de segunda.
Atopareite alí. Non pedirei explicacións,
pois es coma as raiolas do abrente, coma o estourar do trebón.

Unha vez máis, sempre casual, estarás alí: na marxe escura da lúa.

Daquela lembrarei o pozo das moedas:
“Por que pagar un desexo que vai batendo nas pedras?”.
Dáballe ben pouco creto a aquel fondal dos anceios.
Ora ben, os escépticos tamén cometemos erros.

Estareite agrandando mentres se reflicta nas rúas.
Xa sabes onde atoparme: Na cara oculta da lúa.



ASDO: Leonardo de Pisa ´Fibonacci`

Etiquetas: ,

---------------------------------------------

Aviso a navegantes.Xa empezamos...

A recente entrada en vigor do Protocolo de Kioto compromete aos seus asinantes, a reducir nun 5% as súas emsións de gases contaminantes nun prazo de tres anos. Eu,tal que o Tío Sam, resístome a deixar de emporcallar. Xa que logo, trufarei este espazo que me ofrece o hipermedio, de montes e moreas de lixo. O que avisa...




Etiquetas:

---------------------------------------------

Camiñante non hai camiño

Nace o meu primeiro blogue coa intención de ter unha vida longa e rutilante coma a de Frank Sinatra. Se non pode ser, confórmome con que teña unha vida trepidante coma a de Syd Vicious.

Vive depresa, morre mozo e farás un bonito cadáver, que diría Truman Capote.

Etiquetas:

---------------------------------------------