New Age
Onte mesmo escoitaba a nova de que "¿Dónde estás corazón?", famoso programa de lercheo de A3,fóra líder de audiencia na súa banda horaria.Miña irmá desesperábase dicindo que ata cando lle daremos azos a este tipo de programas.Eu contesteille que despois de longas horas mirando a lavadora (será cousa do Caimán do Río Tea...) e o televisor decateime dun paralelismo:Ámbolos dous trebellos funcionan por ciclos e ao do "telelixo",non lle queda moito...
Nin son francés,nin me chamo Nostradamus pero esta mañá espertei feliz.
Será o preludio dunha nova Era?:
Espero que si xD:
Nin son francés,nin me chamo Nostradamus pero esta mañá espertei feliz.
Será o preludio dunha nova Era?:
Etiquetas: xD
---------------------------------------------
5 Comments:
Antes preocupábame o da telelixo, agora non é que non me preocupe pero como case non vexo a tv non me dou conta de toda a merd. que hai por ahí. Creo que non só hai que lle botar a culpa aos programas eses de ¿corazón? (será polo sangrantes), tamén as mil e unha series e telenovelas adormecen o cerebro da xente.
***
Non teño tempo de sentarme diante do televisor, sempre hai algo mellor que facer, pero o outro día descobrín un programa que me gustou, de momento só o vin unha vez, titúlase "No maten al pianista" ou algo así. Tamén vexo o "Doa a Doa" os domingos ao serán na TVG e, ás veces, o programa de despois, "Historias de Galiza" na compaña do meu irmán cativo.
NON TEÑO TEMPO DE MÁIS e creo que esto xa é tempo suficiente adicado a ver a TV.
***
Vivín en Barcelona sen TV máis dun ano e non morrín nin nada, entereime do das torres xemelgas 8 ou 9 horas despois de que o mundo estivese aterrorizado pero nada máis.
Bicos, uf, hoxe parece que teño parola...
Por certo, o de programa de lercheo gustoume moito.
Pois non é que me guste o Tomate, sobre todo poque ultimamente se pasban demasiado, pero si que veía unha cachiño cada día mentras que comía. Ahora botareino de menos.
Por certo, que pouco fai falta para facerte feliz.
Pois si,Mer:Preciso pouco para ser feliz.Para min é unha vitoria moral.
Veca:Non teño nada en contra da crónica social e do humor,pero hai ben tempo que o "Tomate" e similares,abandonaron ese camiño.
Apertas. :)
Publicar un comentario
<< Home