Apaguen os móbiles

Mañá a luz proxectada dos Compostela esvaecerá por última vez.Unha mágoa.
Ao pé das novas que dan conta deste acontecemento podemos ler columnas que se conmiseran de esta desgraza para a sétima arte. O brazo executor deste "cinecídio",non é outro que Internet.
Outra vez a miserábel Internet...Vainos privar daquelas tardes de "romance cineclubeiro" en versión orixinal...
Todos andan a laiarse do baixo perfil do consumidor cinematográfico de hoxendía,sen reparar en que ao mellor a relación calidade-prezo non é a máis axustada.Aforos insuficientes,corredores estreitos,pantallas minúsculas...Xa sei que haberá quen me coloque o "sanbieito" de cinéfilo de saldo .Éche o que hai.
Sei que nunca paladearei o refinado bouquet da "alta cultura" e permanecerei confinado no meu universo Burger King,pero creo que a suba dos prezos das entradas non revertiu na pertinente mellora das infraestruturas.
Non son un gurú do sistema nin moito menos,pero curiosamente nalgunhas das cidades nas que puiden desfrutar das mellores salas(Barcelona,Mallorca ou Madrid) o gasto medio por habitante en cine é o máis elevado desta nosa "comunidade" española.
Pode que esta sexa unha reflexión simplificadora,pero xa que non se pode competir coa Rede en prezo,tentemos distiguirnos coa calidade expositiva.Algo así coma o tándem China vs. UE.
Aprendamos de vez a lección que nos dan os responsábeis de videoclub.com.es:"Internet non é o inimigo".
Se non nos adaptamos aos novos tempos extinguiremos coma aquela decadente fidalguía pedrayana
---------------------------------------------
8 Comments:
A mín gustábanme aqueles cines grandes, coma o Fraga en Vigo ou o Capitol en Santiago.
Agora cando sae unha peli decidimos: esta pode esperar para vela en cd ou esta non. E hai moitas que poden esperar. 6,10 € para esa sesión de palomitas nunha pantalla de 4 x 6, uf, non sei.
Que conste que aprecio este detalle das novas salas multi-cines de poñer os asientos coma as gradas, en escaleira. Xa non entendo como non eran antes así, se ata os romanos o sabían.
Unha apertiña bañés.
Grazas pola tua visita ao meu blog. A min encantame o cine, ainda sigo indo un par de veces ou máis o mes, pero recoñezo que os prezos son abusivos, así que máis dunha vez recurro as baixadas por interntet. Sí, son unha delicuente, eu no as baixo, pero as vexo.......
Non hai por que dalas,Veca.A SGAE e outras asociacóns tratan de poñerlle portas a un mar,en lugar de explora-la súa praca continental.
A min tamén me encantan os "cines anfiteatro",Mer.Lembro un en Cerdanyola que me impresionou.Pensei:"E pensar que estou nunha pedanía de Barna e isto non existe en Santiago.
AVISO:
Actualmente e ata o 15 de xaneiro, por cada tícket de máis de 6 euros consumido nos establecementos do centro comercial Plaza Elíptica en Vigo, regálanche unha entrada para o cine. A oferta é por cada ticket, se un ticket é de 12 euros non che dan dúas, polo que pagade os artigos de máis de 6 euros por separado.
Vouno anunciar no meu blogue.
Se vas ir o cine e te vas gastar 6 euros, mercas algo e tamén tés a entrada para o cine.
Non todo van ser malas novas.
Non, non todo van ser malas novas. Pero ¿ a que as malas novas atráennos máis que as boas?
Ésa é unha máxima periodística sagrada:"Bad news are good news".Que nos vai o "Tomate",para entendernos :p.
Non creo eu que vaia ata Vigo, que me queda un pouco lonxe para ir ao cine, pero a iniciativa está moi ben. A ver se van aprendendo os de aqui.
Publicar un comentario
<< Home