Mini-vidas de trinta metros cadrados
Nesta tempada semella que morte está a sorrir cara min co fío curvo da súa gadaña,para lembrarme que non é unha realidade afastada,senón aquela negra sombra á que Rosalía lle cantou por voz de Luz.
Esa sombra non é a irmá fuxidía de Peter Pan,senón algo tan cotiá coma o pan quente do almorzo.Esta mañá indo no bus lía o conto de Mario Benedetti,"sábado de Gloria" e naquelas liñas calladas de monotonía,dor e tenrura reparei en que a fugacidade da vida non é unha traxedia,senón máis ben un límite preciso que nos remite á obriga moral de desfruta-la apaixonadamente.
"Entonces extraje la libreta y empecé a escribir esto, para leérselo a ella cuando estuviéramos otra vez en casa, para leérmelo a mi cuando estuviéramos otra vez en casa. Otra vez en casa. Que bien sonaba. Y sin embargo parecía lejano, tan lejano como la primera mujer cuando uno tiene once años, como el reumatismo cuando uno tiene veinte, como la muerte cuando sólo era ayer."
Fragmento de Sábado de Goria de M.Benedetti.
Perdoade os que me leades accidentalmente,este acceso metafísico-vitalista,pero non tódolos días van ser festa.

---------------------------------------------
2 Comments:
Este post ule a tristeza.
E mira que me sentín bastante identificada con él, tal e como estou coa vida patas p´arriba últimamente.
Non tódolos días van ser festa, non, tampouco prantos diarios, o importante é encontrar un equilibrio.
- Uf!, mira quén foi falar.
Non se trata de tristeza,senón de qque hai momentos na vida nos que te decatas de que eses problemas que semellaban inmensos, son irrisorios e que o que debes facer e comprender que está vida é limitada e tentar aproveita.la cando poidas.Ademais Mer,deixa o equilibrio para os funambulistas e saltibanquis.Se sempre fosemos equilibrados non existiría o movemento :D.
Publicar un comentario
<< Home