A clave
O pasado venres era a data sinalada para o estreo do Código da Vinci ,a adaptación cinematográfica do best-seller de Dan Brown.Poida que dende "Lo que el viento se llevó",ningunha das versións cinemátográficas dunha novela que se teñen feito, causara tal nivel de expectación.
Conflúen moitas claves e sinerxias para explica-lo impacto dunha obra destas características.Entre elas,atopamos a feroz campaña publicitaria que encumiou a Brown ao Olimpo dos escribidores multimillonarios(estímase que a venda dos corenta millóns de exemplares lle reportou a bonita cifra de trescentos millóns de dólares).
Adoitaba dicir Juan Kastro,-Chexire para o blogomillo-que "S.Pablo fóra o maior experto de marketing da Historia".E non lle faltaba razón...
Seguindo os pasos deste "pecador arrepentido",o autor de "Ángeles y Demonios" orquestou unha campaña publicitaria coma poucas se lembran.
Coa súa intriga pseduo histórica-relixiosa puxo en pé de guerra a colectivos sociais tan dispares coma o Opus Dei(por certo, a editorial norteamericana que se fixo cos dereitos do Código,ven de reeditar "El Camino"),a NOAH-ten coña-(Asociación de Albinos Americanos),a Igrexa Ortodoxa bielorrusa,historiadores e teólogos,a unha monxiña de Westminster...Todos eles vencellados polo marabilloso fenómeno da publicidade indirecta."Que falen mal,pero que falen",debeu pensar o bo de Dan.
O estratosférico triunfo da trama encabezada por R.Langdon,non é máis que a escenificación recurrente dese virus ibérico que nos leva a adora-lo estranxeiro en detrimento do produto nacional: AUPA J.J.BENÍTEZ!
Etiquetas: Literatura, Relixión, Xxxtremadamente
---------------------------------------------