As Terras Baldías
Egofotomatón


Rexouvea sen medo

Agromando

Peor o remedio
New Age
Ermo
"Chiquilladas" e rabos de pasa
Próspero lenque!
Apaguen os móbiles
Retranca Salvi
Mini-vidas de trinta metros cadrados
Pornografía vestida de...
V(ázquez) de Vendetta

Sementeiro

03/2005 - 04/2005
04/2005 - 05/2005
05/2005 - 06/2005
09/2005 - 10/2005
10/2005 - 11/2005
11/2005 - 12/2005
01/2006 - 02/2006
02/2006 - 03/2006
03/2006 - 04/2006
05/2006 - 06/2006
06/2006 - 07/2006
10/2006 - 11/2006
12/2006 - 01/2007
01/2007 - 02/2007
03/2007 - 04/2007
04/2007 - 05/2007
05/2007 - 06/2007
10/2007 - 11/2007
11/2007 - 12/2007
12/2007 - 01/2008
01/2008 - 02/2008
02/2008 - 03/2008

7/2/08

Peor o remedio

O pasado domingo vendo Cuarto Milenio(de que vos sorprendedes,se xa sabedes que son un friqui! :P),dicía un dos "expertos" que en Vojvodina e outras rexións do este de Europa,adoitábase soterrar aos defuntos con xornais para o seu entremento e así evitar que saísen dos seus cadaleitos.Imaxinades o que pasaría a cabeceira escollida fose "El Mundo":




Non sei a vós,pero a min espertar co "moneco diabólico" berrándolle ao micrófono dos bispos,ponme dunha mala hostia!



Xa sabemos cal é a musa de Wes Craven e Romero...

---------------------------------------------

30/1/08

New Age

Onte mesmo escoitaba a nova de que "¿Dónde estás corazón?", famoso programa de lercheo de A3,fóra líder de audiencia na súa banda horaria.Miña irmá desesperábase dicindo que ata cando lle daremos azos a este tipo de programas.Eu contesteille que despois de longas horas mirando a lavadora (será cousa do Caimán do Río Tea...) e o televisor decateime dun paralelismo:Ámbolos dous trebellos funcionan por ciclos e ao do "telelixo",non lle queda moito...

Nin son francés,nin me chamo Nostradamus pero esta mañá espertei feliz.

Será o preludio dunha nova Era?:





Espero que si xD:

Etiquetas:

---------------------------------------------

Ermo



Coma unha metáfora do agro galego en uns e ceros,este anaquiño de terra amence cada día máis inhóspito e solitario.Vou deixando atrás o meu labradío para luxa-las botas alén do meu minifundismo creativo.A blogosfera é moi grande e fascinante para deixar pasa-lo tempo da recolleita.

---------------------------------------------

9/1/08

"Chiquilladas" e rabos de pasa


Rematou o Nadal.Xa é hora de garda-lo alumeado ata que alá polo mes de Outubro o amor fraternal volva a lucir nos expositores.

Estas cousas suceden, en efecto cando as luces se esvaen:Seica xa non é ilegal negar o Holocausto nazi.

Despois de que a paz, o amor e demais atrezzo destas datas nos saísen polas orellas,ao ler este tipo de novas a un éntranlle uns desexos ben grandes de "liarse a tiros",como dicía o mozo dunha ex-compañeira,sumido na "xaneira colectiva" de Zara.

Sentenzas coma ésta remítenme a unha vella conversa,na que coincidía en que estamos a banalizar as palabras de máis.Nos ambientes universitarios, escoitase a miúdo a palabra fascista,sen que afortunadamente; ningún dos "ideólogos" da miña xeración tivesen contacto directo con esa realidade histórica.Como moito,aquí en Galicia desfrutamos durante máis dunha década do noso Dorian Gray enxebre.

Para Ionesco as palabras podían seren mortais.Eu non digo tanto,pero quen me pode negar que certas palabras son tan perigosas coma a folla dun coitelo?

É certo que nesta "fisterra" aínda sobrevive o fedor caciquil,mais non pasan de ser "fachiñas".Coma o cabrales:Familiares e rancios a un tempo.Daí, ao fascismo, resta un abismo.

Dun tempo para aquí,a extrema dereita adquiriu moita visibilidade mediática.Poida que hoxe só sexan unha grea de descerebrados que comparten cánticos racistas e litrona,pero mañá quen sabe se se poderían reproducir as sombras que asulagaron Europa hai ben pouco.

Estas non son "chiquilladas", que diría o bo de Arzalluz.Non perdamos a memoria pasado o "ano"...

---------------------------------------------

31/12/07

Próspero lenque!

Esmorece este ano tan intenso en tódalas vertentes e chama ás portas o vindeiro que promete superalo.Desexo a tódolos meus abúlicos lectores e amigos(soen confluír ambas categorías),un bo 2008.

PS:Ese sorrido,como non,era o teu.Déboche un post como é debido,amigo Ardeiro.Tamén queda pedente un "mojito",pero non me metas présa...

---------------------------------------------

18/12/07

Apaguen os móbiles


Mañá a luz proxectada dos Compostela esvaecerá por última vez.Unha mágoa.

Ao pé das novas que dan conta deste acontecemento podemos ler columnas que se conmiseran de esta desgraza para a sétima arte. O brazo executor deste "cinecídio",non é outro que Internet.

Outra vez a miserábel Internet...Vainos privar daquelas tardes de "romance cineclubeiro" en versión orixinal...

Todos andan a laiarse do baixo perfil do consumidor cinematográfico de hoxendía,sen reparar en que ao mellor a relación calidade-prezo non é a máis axustada.Aforos insuficientes,corredores estreitos,pantallas minúsculas...Xa sei que haberá quen me coloque o "sanbieito" de cinéfilo de saldo .Éche o que hai.

Sei que nunca paladearei o refinado bouquet da "alta cultura" e permanecerei confinado no meu universo Burger King,pero creo que a suba dos prezos das entradas non revertiu na pertinente mellora das infraestruturas.

Non son un gurú do sistema nin moito menos,pero curiosamente nalgunhas das cidades nas que puiden desfrutar das mellores salas(Barcelona,Mallorca ou Madrid) o gasto medio por habitante en cine é o máis elevado desta nosa "comunidade" española.

Pode que esta sexa unha reflexión simplificadora,pero xa que non se pode competir coa Rede en prezo,tentemos distiguirnos coa calidade expositiva.Algo así coma o tándem China vs. UE.

Aprendamos de vez a lección que nos dan os responsábeis de videoclub.com.es:"Internet non é o inimigo".

Se non nos adaptamos aos novos tempos extinguiremos coma aquela decadente fidalguía pedrayana

---------------------------------------------

17/12/07

Retranca Salvi

Non é que sexa especialmente devoto da información saínte do Vaticano, pero esta mañá lía no País un artigo de Paolo Flores D´Arcais abertamente crítico coa encíclica "Spes Salvi",segunda da longa lista de best-sellers que lle aventuro ao pope da Igrexa Católica.Ratzinger segue na liña daquela "dictadura do relativismo" á que aludira pouco despois de verse investido da autoridade que confire a fumata bianca.

Afrodita"incensarios fuera", ten para todos: Dende Voltaire, ata Bacon pasando por Kant.E foi xustamente éste, quen predicía que o proceso da Ilustración dos pobos, levaríaos dunha fe eclesial a outra racional depurada de supersticións.

Se ben unha encíclica é un documento de fe, a razón non pode evitar sentirse agredida ao desfrutarmos dunha perla dialéctica coma " el mundo sólo puede escapar del estigma de la desesperación acatando la fé católica".

Escribira o Papa Roncali sobre o "Progreso dos Pobos" e semella que Z,fixo caso omiso desa lectura.

Máis tarde,mentres camiñaba procurando escoita-lo maxisterio petreo de Santiago,topei con este bar nas inmediacións da Troia:




Non me resitín a adicarlle un sorriso sarcástico.Menos mal que sempre nos quedará a retranca...

---------------------------------------------

12/12/07

Mini-vidas de trinta metros cadrados

Nesta tempada semella que morte está a sorrir cara min co fío curvo da súa gadaña,para lembrarme que non é unha realidade afastada,senón aquela negra sombra á que Rosalía lle cantou por voz de Luz.


Esa sombra non é a irmá fuxidía de Peter Pan,senón algo tan cotiá coma o pan quente do almorzo.Esta mañá indo no bus lía o conto de Mario Benedetti,"sábado de Gloria" e naquelas liñas calladas de monotonía,dor e tenrura reparei en que a fugacidade da vida non é unha traxedia,senón máis ben un límite preciso que nos remite á obriga moral de desfruta-la apaixonadamente.

"Entonces extraje la libreta y empecé a escribir esto, para leérselo a ella cuando estuviéramos otra vez en casa, para leérmelo a mi cuando estuviéramos otra vez en casa. Otra vez en casa. Que bien sonaba. Y sin embargo parecía lejano, tan lejano como la primera mujer cuando uno tiene once años, como el reumatismo cuando uno tiene veinte, como la muerte cuando sólo era ayer."

Fragmento de Sábado de Goria de M.Benedetti.


Perdoade os que me leades accidentalmente,este acceso metafísico-vitalista,pero non tódolos días van ser festa.

---------------------------------------------