Capítulo Primeiro da Profanación
A cara oculta da lúa
A pura alma da lúa quedou raída
polos cantos da maruxía que ouvea para a súa musa .
Se a inspiración abrolla das raiolas do luar,
por que non buscala tamén nos fríos croios do chan?
Co teu fulgor de aluguer escoitabas
aos poetas que non se foran deitar.
E nesas noites de insomnio, fixéronte muller.
Maquilláronte con versos eses toliños de vez.
Dama de compañía. Indiferente orbitar.
Mercaban o teu consolo tan só cunha copla real.
Macilenta madame, xa vai chegando a vellez,
cráteres por un cento cuartean a túa pel.
Princesa das mareas. Tes a cara desconchada, dona de baixa ralea.
Ao teu proxeneta atendes cando a alborada chega.
Mais a lúa reservóunos a súa cara oculta,
para alonxarnos benquerida, deses ripios de segunda.
Atopareite alí. Non pedirei explicacións,
pois es coma as raiolas do abrente, coma o estourar do trebón.
Unha vez máis, sempre casual, estarás alí: na marxe escura da lúa.
Daquela lembrarei o pozo das moedas:
“Por que pagar un desexo que vai batendo nas pedras?”.
Dáballe ben pouco creto a aquel fondal dos anceios.
Ora ben, os escépticos tamén cometemos erros.
Estareite agrandando mentres se reflicta nas rúas.
Xa sabes onde atoparme: Na cara oculta da lúa.
ASDO: Leonardo de Pisa ´Fibonacci`

Etiquetas: Blogosfera, Poesía
---------------------------------------------
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home